CRISTINA FERNÁNDEZ LAMENTOU A HIPOCRISÍA DO PP E AGRADECEU O LABOR VECIÑAL

O BNG logra o apoio unánime da Corporación para urxir á Xunta avances no saneamento de Ribadetea

undefined
O BNG logra o apoio unánime da Corporación para urxir á Xunta avances no saneamento de Ribadetea

O BNG logrou a unanimidade do Pleno de Ponteareas para instar á Xunta a adxudicar de inmediato o contrato para iniciar as obras da primeira fase da rede de saneamento de Ribadetea, licitar a segunda fase e redactar os proxectos das fases pendentes.

A concelleira Cristina Fernández puxo en valor os avances logrados durante o goberno liderado polo BNG, e destacou a contratación con fondos propios do proxecto da segunda fase. Ademais, lembrou que, grazas ao acordo acadado no pasado mandato entre Concello, Xunta e Estado, a obra de ampliación da Depuradora da Moscadeira xa está na súa fase final tras un investimento millonario, polo que xa poderán conectarse as redes pendentes de execución.

Cristina Fdez Davila

“É o momento de adxudicar dunha vez as obras da primeira fase, que xa foron sacadas a concurso público en febreiro, sacar a concurso a execución do proxecto da segunda fase e elaborar os proxectos das fases restantes para completar a rede de saneamento de Ribadetea”, propuxo a concelleira do BNG, obtendo o apoio de todos os grupos políticos da Corporación.

Fernández concluíu agradecendo a labor da veciñanza de Ribadetea, especialmente a organizada na Plataforma veciñal, “que leva anos reclamando este dereito básico e impulsando todos os avances que se produciron”. Así mesmo, a líder do BNG lamentou a “hipocrisía do PP, que a pesar de votar a favor no Pleno, ten demostrado o seu engano constante á veciñanza de Ribadetea, con promesas que despois non cumpren, realizando anuncios propagandísticos segundo lles convén electoralmente e enredando para atrasar esta infraestrutura vital”.

O BNG logra o apoio unánime da Corporación para urxir á Xunta avances no saneamento de Ribadetea