Como presentar a túa alegación:
- Descarga o modelo.
- Cúbreo cos teus datos e asínao.
- Preséntao no Rexistro do Concello, presencialmente no andar baixo ou dixital, na pestana “instancia xeral” da web ponteareas.sedelectronica.gal
- Anima a persoas coñecidas a presentar a súa alegación.
O último día de prazo é o martes 24 de decembro. O Pleno de debate de alegacións e aprobación definitiva está previsto para o xoves 26 de decembro, ás 20:00 horas.
Entre todas e todos temos que tentar deter esta navallada á veciñanza. Se o Concello de Ponteareas precisa máis recursos, debe comezar por eliminar gastos innecesarios, e non saquear á veciñanza para logo destinar ese diñeiro a caprichos ou a propaganda.