O Pleno aproba unha indemnización de máis de 160.000 euros para resolver unha "chapuza" do PP en 2005

undefined
O Pleno aproba unha indemnización de máis de 160.000 euros para resolver unha "chapuza" do PP en 2005

No primeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal de Ponteareas, celebrado nos pasados días, aprobouse por unanimidade unha indemnización de máis de 162.000 euros ás persoas propietarias dos terreos nos que se edificou o pavillón polideportivo do IES do Barral tras un convenio coas mesmas asinado polo goberno local no ano 2005.

O goberno do PP daquel momento incumpriu o convenio, que establecía entre outras a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) antes do 2007, e anos despois as persoas propietarias presentaron unha reclamación, tal como establecía o contrato. O Bloque salienta que “grazas á aprobación definitiva do Plan Urbanístico lograda polo goberno liderado polo BNG no 2021, cúmprese unha das cláusulas daquel convenio, recollendo a ordenación urbanística pactada”.

“Grazas a esta aprobación, que resolveu moitas das desfeitas dos gobernos precedentes do Partido Popular, o Pleno tivo que aprobar unha indemnización de 162.543 € do diñeiro de todas e todos os veciños, e non de 525.900 €, que era a cantidade reclamada polos demandantes”, destaca o BNG.

O Pleno aproba unha indemnización de máis de 160.000 euros para resolver unha "chapuza" do PP en 2005