O goberno de Ponteareas continúa “saqueando” á veciñanza
O Bloque informa dun aumento da taxa de vodas civís nun 300%
O BNG vén de amosar o seu rexeitamento a un novo aumento de taxas proposto polo goberno de Ponteareas.
O Bloque informa que “o goberno de Nava Castro e a dereita propoñen un aumento dun 300% da taxa pola celebración de vodas civís no salón de plenos do Concello, que pasará de 67 a 200 euros”. Ademais, consideran “unha burla” que centren parte do seu argumento no feito de que o Concello entregará un detalle institucional á parella contraínte.
“Tras a suba do 85% na taxa do lixo e o aumento do 25% do IBI, o goberno local continúa saqueando á veciñanza aplicando un novo sablazo. No BNG defendemos que os impostos son necesarios para financiar os servizos públicos, pero non para saquear á veciñanza e logo destinar ese diñeiro a caprichos, a propaganda ou a beneficiar a empresas amigas. Se precisan máis recursos, que comecen por eliminar gastos innecesarios”, sinalan.