O goberno de Nava Castro pretende subir o lixo un 230% á veciñanza da Freixa

undefined

O BNG denuncia a intención do goberno de Castro e a dereita de cobrarlles como urbano un servizo que non se presta nesas condicións

O goberno de Nava Castro pretende subir o lixo un 230% á veciñanza da Freixa

O BNG alerta dunha nova suba desproporcionada da taxa do lixo que o goberno de Nava Castro e a dereita quere impor ás veciñas e veciños do barrio da Freixa. Actualmente, esta zona paga a tarifa de lixo rural, xa que non reciben o servizo urbano diario de recollida. Porén, o goberno de Castro pretende que pasen a pagar a mesma tarifa que no centro urbano, sen garantirlles a prestación do servizo nas mesmas condicións.

“As vivendas do rural, que pagaban 46,90 euros pola taxa do lixo, xa pagan agora 86,77 euros tras a brutal suba de impostos aprobada polo goberno de Castro. Agora, pretenden que na Freixa se paguen 154,27 euros, o que supón un aumento dun 230%”, denuncia o BNG.

O Bloque considera esta medida unha clara inxustiza para a veciñanza afectada. “Non se pode cobrar como servizo urbano cando o servizo que se presta non ten esas condicións. É unha cuestión de xustiza e de igualdade”, sinalan.

A formación nacionalista lembra que a taxa de lixo debe corresponderse coa calidade e frecuencia do servizo recibido. “Subir a tarifa sen mellorar a recollida significaría que as veciñas e veciños paguen máis por un servizo que segue a ser inferior”, sosteñen.

O BNG esixirá no Pleno do vindeiro martes que o goberno de Nava Castro retire esta proposta. “A veciñanza da Freixa non ten que pagar por un servizo que non recibe. Non imos permitir que se lles cobre máis para que a alcaldesa poida pagar os seus caprichos e a súa propaganda en vez de mellorar o servizo”, conclúen.

O goberno de Nava Castro pretende subir o lixo un 230% á veciñanza da Freixa