O Debate sobre o estado do Concello de Ponteareas será este luns ás 8 da mañá

O BNG solicitara facelo ás 20:00 horas e denuncia que Castro dificulte á veciñanza seguir a sesión

O Debate sobre o estado do Concello de Ponteareas será este luns ás 8 da mañá

O BNG logrou que o goberno ponteareán convocase para este luns 31 de marzo o pleno extraordinario do Debate sobre o estado do Concello, que segundo o Regulamento Orgánico Municipal se debe celebrar no primeiro trimestre do ano.

O Bloque, que solicitara a súa celebración ás 20:00 horas como as sesións ordinarias, denuncia que “a alcaldesa decidiu convocalo ás 8 da mañá, nun horario de audiencia mínima, unha decisión que vai en contra do funcionamento democrático e transparente da institución e que deixa claro o desprezo de Nava Castro e a dereita á participación activa da veciñanza ao dificultar que poidan seguir o desenvolvemento da sesión”.

“Trátase dun paso máis na deriva antidemocrática do tripartito de Nava Castro e a dereita, que se suma aos intentos de amordazar ao BNG coa modificación do Regulamento ou aos impedimentos do uso da palabra cando nos corresponde nas sesións plenarias” sinala o Bloque.

A formación nacionalista considera que a veciñanza ten dereito a coñecer a situación xeral do Concello, a que se debatan as alternativas políticas á acción do goberno local e que se trasladen as súas necesidades e inquedanzas. “Pero para Nava Castro é máis importante a propaganda que a democracia e a transparencia”, conclúe o BNG.

O Debate sobre o estado do Concello de Ponteareas será este luns ás 8 da mañá