Cristina Fernández será deputada no Parlamento Galego polo BNG

“Asumo a nova responsabilidade con orgullo e coa honra de poder defender ás nosas veciñas no Parlamento Galego”

Cristina Fernández será deputada no Parlamento Galego polo BNG

A ex alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, incorporarase ao Parlamento Galego como deputada do BNG.

A Fernández Davila, que nas eleccións galegas formou parte da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra, correspóndelle incorporase en substitución de Manu Lourenzo, que deixou a súa acta ao ser proclamado alcalde de Soutomaior.

Cristina Fernández declarou asumir esta nova responsabilidade “co orgullo de poder sumarme ao equipo de Ana Pontón no Parlamento Galego, e coa honra que supón defender nesta institución ás veciñas e veciños de Ponteareas e da nosa comarca, asi como trasladar as propostas do BNG para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Estarei a disposición de todos os colectivos e serei a voz das súas demandas ante o goberno da Xunta”, sinalou. Ademais, continuará formando parte da corporación municipal de Ponteareas como concelleira do BNG.

Cristina Fernández Davila é Técnica Especialista en Informática de Xestión. Dende 1993 é funcionaria do IES Val do Tea. Ten asumido diversas responsabilidades nas asociacións de nais e pais do alumnado e foi presidenta da Federación de Anpas do Condado FANPO. Dende 2012 é concelleira do BNG, asumindo no 2015 a segunda tenencia de alcaldía e a concellaría de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior. Dende as eleccións de maio de 2019, Fernández Davila asumiu a primeira tenencia de alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo. Entre 2021 e 2023 foi alcaldesa de Ponteareas.

cristina Parlamento 2
Cristina Fernández Davila toma posesión como deputada do BNG no Parlamento Galego.
Cristina Fernández será deputada no Parlamento Galego polo BNG