O BNG PON EN VALOR A CONSECUCIÓN DO EDIFICIO GRAZAS AO PLAN URBANÍSTICO

O BNG tacha de “propaganda” o anuncio da nova ludoteca e cuestiona que se remate este ano

Edificio rehabilitado polo goberno BNG

O goberno de Castro sinala que estará rematada este ano e proxecto establece o prazo de execución en 10 meses

 

O BNG tacha de “propaganda” o anuncio da nova ludoteca e cuestiona que se remate este ano

O BNG saíu ao paso do que considera “un anuncio propagandístico do goberno de Nava Castro e a dereita co acondicionamento dun edificio para a nova ludoteca municipal”.

Para executar a obra, cun investimento total de 250.000 euros, o goberno local vén de pedir un préstamo de 150.000 euros, a devolver até 2032, xustificando a necesidade do préstamo en que a obra terá que estar concluída antes de que remate este ano para xustificar unha achega nominal dos 100.000 euros restantes por parte da Deputación. Neste sentido, o BNG desvela que “o proxecto desta obra, que xa saíra a licitación e quedou deserto en maio, establece un prazo de execución de 10 meses, polo que dificilmente poderá estar rematada en decembro”.

Ademais, o BNG considera que o expediente para a aprobación plenaria de dito préstamo non estaba completo, a pesar das súas advertencias, o que provocará a presentación de alegacións e unha maior demora. “Se xa era imposíbel executar en dous meses unha obra planificada para dez, a nefasta xestión do goberno reduce aínda máis o prazo, ao non ser capaces durante a tramitación da modificación orzamentaria de presentar un informe que xustifique a insuficiencia de fondos no Concello”, sinalou o Bloque. “Saben de sobra que a obra non estará rematada a final de ano, pero continúan coa súa propaganda aproveitando a xestión do anterior goberno liderado polo BNG”

Neste sentido, o BNG puxo en valor o seu traballo á fronte do goberno. “Este é un dos moitos espazos dos que poderá gozar a veciñanza grazas á aprobación a finais de 2021 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), convertendo Ponteareas nunha vila máis saudábel e sostíbel”.

O Bloque sinala que o edificio que albergará a nova ludoteca, na Avenida Sarmiento Rivera, foi rehabilitado xunto á creación dun novo parque público de case 3.000 metros cadrados, con zonas verdes e axardinadas, arborado, mobiliario urbano, iluminación e zonas de paseo, ademais dun grande estanque con fontes.

As obras de creación deste novo espazo non tiveron custe para o Concello de Ponteareas, xa que se trataba dunha obriga dos propietarios dos terreos recollida no Plan Urbanístico para poder desenvolver o resto da área con usos comerciais.

O BNG tacha de “propaganda” o anuncio da nova ludoteca e cuestiona que se remate este ano