O BNG pide explicacións polo uso de restos de madeira no parque do xardín do concello e esixe ao goberno rectificar

O goberno de Castro colocou un chan de restos de madeira e estelas nun espazo no que xogan crianzas a diario

O BNG pide explicacións polo uso de restos de madeira no parque do xardín do concello e esixe ao goberno rectificar

O BNG vén de solicitar explicacións ao goberno de Nava Castro polo uso de restos de madeira triturada como material de recubrimento do chan no parque do xardín do concello, unha decisión que cualifican de "improvisada e totalmente inapropiada para un espazo de lecer infantil".

Desde o Bloque aseguran ter recibido múltiples queixas por parte de veciñas e veciños, especialmente de nais e pais, que alertan sobre o mal estado e posible perigo deste material, tanto pola súa inestabilidade como pola presenza de elementos cortantes, punzantes e pouco hixiénicos. “Tratase dun chan formado por restos de madeira que conteñen tacos e estelas de até 20 centímetros de lonxitude, nun espazo no que xogan crianzas a diario”, sinalou o BNG.

A formación nacionalista considera que, aínda que hai opcións ecolóxicas baseadas en madeira ou mulch para recubrir chans infantís, existen opcións máis seguras, hixiénicas e adaptadas ás necesidades concretas deste espazo infantil.

O BNG reclama ao goberno local que escoite a opinión das familias usuarias e retire de inmediato este material, procedendo á súa substitución por outro que garanta a seguridade e o benestar das crianzas. “Non se pode actuar con improvisación nun asunto tan sensible como é o espazo de xogo das nenas e nenos”, conclúen desde a formación

O BNG pide explicacións polo uso de restos de madeira no parque do xardín do concello e esixe ao goberno rectificar