O BLOQUE DENUNCIA A DISCRIMINACIÓN QUE SOFRE O ALUMNADO DOS CONSERVATORIOS MUNICIPAIS

O BNG insta á Xunta a asumir as súas competencias no Conservatorio de Música de Ponteareas

CONSERVATORIOS_BNG_29 XAN_5 (1)

Cristina Fernández salientou que o concello asume todos os gastos dos Conservatorios Municipais, sen ningunha axuda da Xunta

O BNG insta á Xunta a asumir as súas competencias no Conservatorio de Música de Ponteareas

O BNG vén de presentar unha proposición no Parlamento Galego na que demanda que a Xunta asuma as súas responsabilidades en relación aos Conservatorios Municipais de Música. A deputada e concelleira ponteareá, Cristina Fernández Davila, denunciou que o goberno do PP “está desentendéndose” dunha competencia que lle corresponde, forzando aos concellos a asumir uns custos inasumíbeis para manter estes centros educativos esenciais para a formación musical do país.

CONSERVATORIOS_BNG_29 XAN_3 (2)

Na actualidade existen en Galiza 23 conservatorios municipais que imparten ensinanzas regradas de grao profesional. O conservatorio de Ponteareas depende economicamente do concello, a pesar de contar con alumnado procedente de diferentes localidades, xerando desigualdades evidentes con respecto aos conservatorios de titularidade autonómica, situados nas cidades e financiados pola Xunta.

"As taxas nos conservatorios municipais son moito máis elevadas porque os concellos deben cubrir os gastos, sen ningunha axuda da Xunta", sinalou Fernández Davila. Ademais, a falta de acceso ás listaxes de profesorado da Consellaría de Educación dificulta a substitución de docentes, provocando unha perda de clases que prexudica gravemente ao alumnado.

 

CONSERVATORIOS_BNG_29 XAN_2 (1)

Ante esta situación, o BNG insta ao Goberno galego a asumir a súa competencia en materia de educación musical e integrar os conservatorios municipais na súa rede de centros, así como convocar axudas para os concellos que actualmente sosteñen estes centros, garantindo recursos para persoal, material e infraestrutura. Cristina Fernández salientou “a importancia de escoitar ás direccións dos centros, ás comunidades educativas e aos concellos para avanzar cara á súa integración na rede pública”.

O BNG defenderá esta proposta no Parlamento galego, exixindo que o goberno do PP rectifique e cumpra coas súas obrigas en materia de ensino musical en Galiza. Tras unha xuntanza con diferentes localidades afectadas e coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Cristina Fernández destacou que "non é asumible que a Xunta siga trasladando aos concellos os custos dunha competencia que lle pertence”. Para a portavoz de Educación do BNG no Parlamento a formación musical “é esencial e debe ser garantida pola administración autonómica, sen discriminar ao alumnado polo seu lugar de residencia".

CONSERVATORIOS_BNG_29 XAN_6

O BNG insta á Xunta a asumir as súas competencias no Conservatorio de Música de Ponteareas