CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE PERSOAS PROPIETARIAS DE VIVENDAS NON HABITUAIS E GARANTIRÁ A SEGURIDADE DE PERSOAS ARRENDATARIAS E ARRENDADORAS

O BNG creará en Ponteareas unha bolsa municipal de vivendas para mocidade e persoas vulnerábeis

Contará coa participación de persoas propietarias de vivendas non habituais e garantirá a seguridade de persoas arrendatarias e arrendadoras 
O BNG creará en Ponteareas unha bolsa municipal de vivendas para mocidade e persoas vulnerábeis

O benestar social da veciñanza é unha prioridade para o BNG. Por este motivo, conscientes das dificultades ás que se enfrontan moitas persoas para acceder a unha vivenda axeitada, o grupo nacionalista traballa xa na posta en marcha do Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca crear unha bolsa municipal de vivendas de alugueiro para persoas en situación de vulnerabilidade e das persoas mozas. 

A través deste programa, as persoas propietarias de vivendas non habituais porán a disposición desta bolsa os seus inmobles para destinar ao alugueiro social, garantindo sempre a seguridade tanto para as persoas arrendadoras como arrendatarias. 

A candidata do BNG e actual alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, deu a coñecer esta proposta acompañada das candidatas Verónica Carrera, actual concelleira de Benestar Social, e Marián Hermida. Fernández afirma que “como representantes políticos é o noso deber velar polo benestar social da nosa veciñanza. Con este programa, no que levamos tempo traballando, buscamos brindar solucións concretas a aquelas persoas que máis o necesitan, garantido o acceso a unha vivenda digna”. 

Todas as persoas que poñan as súas vivendas a disposición desta bolsa municipal para o seu alugueiro contarán con diferentes beneficios fiscais e incentivos adicionais que buscan a súa participación activa e a expansión do programa, beneficiando ao maior número posíbel de persoas en situación de vulnerabilidade.

O BNG creará en Ponteareas unha bolsa municipal de vivendas para mocidade e persoas vulnerábeis