O BNG condena o comportamento de Mingos Freitas e esixe a Nava Castro que actúe

undefined
“En vez de condenar os feitos, Nava Castro anunciou a incorporación de Freitas ao goberno local”
O BNG condena o comportamento de Mingos Freitas e esixe a Nava Castro que actúe

O BNG condena rotundamente a conduta do concelleiro independente Mingos Freitas, que no pleno de investidura se dirixiu ao responsábel local do Bloque coa expresión “cálate ti, parapléjico” e continuou o enfrontamento á saída do pleno.

Para o BNG, estas actitudes xa coñecidas do pasado deste concelleiro demostran a súa insensibilidade e falta de escrúpulos ao utilizar como insulto a palabra parapléxico, pero ademais son impropias dun cargo político, que debe saber manter as formas ante as críticas. “Por decencia, debería dimitir e non seguir danando a imaxe de Ponteareas coas súas actitudes”, sinala o Bloque

Ademais, a formación nacionalista pon o foco na “complicidade” da nova alcaldesa e presidenta xa da corporación cando Freitas lanzou o improperio. “Nava Castro nin reprendeu ao concelleiro nin expresou aínda a súa condena a estes feitos, senón que reaccionou premiando a Freitas agarrando o bastón de mando e anunciando a súa incorporación ao goberno do PP en minoría”, afirma o BNG. “No caso de que o concelleiro non dimita, esiximos a Nava Castro que estea á altura da súa responsabilidade e por dignidade democrática actúe fronte a estes graves feitos e non permita que forme parte do goberno municipal”

O BNG sinala que “Mingos Freitas publicou un vídeo no que recoñece que utilizou a palabra parapléxico como insulto e ademais argumenta que ten <un pronto e un reprís> que non é capaz de controlar. Se non sabe estar á altura do que se agarda dun representante público, non pode estar nin un minuto máis representando a veciñanza de Ponteareas na Corporación Municipal”, sentencia o BNG.

O BNG condena o comportamento de Mingos Freitas e esixe a Nava Castro que actúe