UNHA EXTRABALLADORA DA TELEVISIÓN MUNICIPAL CONTRATADA POR JOSÉ CASTRO UTILIZA UN DIARIO PARA FALSEAR OS FEITOS E ACUSAR AO CONCELLO

O BNG acusa ao PP de querer tapar con calumnias unha gravísima neglixencia do SERGAS en Ponteareas

nava conselleiro sanidade
Os servizos sanitarios tardaron máis de 30 minutos en chegar a unha vivenda situada a só 500 metros do Centro de Saúde
O BNG acusa ao PP de querer tapar con calumnias unha gravísima neglixencia do SERGAS en Ponteareas

O BNG de Ponteareas cualifica de “extremadamente grave” a operación de intoxicación mediante calumnias posta en marcha polo Partido Popular para tapar unha gravísima neglixencia do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) en Ponteareas.

A formación nacionalista explica que o pasado luns, de acordo cos informes da Policía Local e do propio SERGAS, os servizos sanitarios tardaron máis de 30 minutos en acudir a unha emerxencia por infarto nunha vivenda situada a 500 metros do Centro de Saúde. O persoal médico recoñece no seu informe que o atraso se produciu “ya que no había ambulancia”.
O BNG sinala que “para tapar este feito tan grave, o PP contou coa connivencia dunha extraballadora da Televisión Municipal de Ponteareas e declarada simpatizante do PP, Rosa María Tébar, a través das súas crónicas nun diario vigués, nas que culpou ao Concello do falecemento, inventando que a ambulancia non chegara ao lugar por obras no centro urbano”.

Os servizos sanitarios tardaron máis de 30 minutos en chegar a unha vivenda situada a só 500 metros do Centro de Saúde

O BNG explica que Tébar “foi contratada directamente e sen proceso de selección polo alcalde José Castro en 1998 para traballar ao seu servizo na televisión municipal”. A forza nacionalista lembra que “á fronte daquela televisión e como director, José Castro puxo ao seu xenro, Juan Carlos Ojea, cuñado de Nava Castro e sen ningunha titulación”. Tébar mantivo o seu posto de traballo durante 14 anos, até 2012. Nese ano, o plan de axuste económico imposto polo Estado ante a quebra do Concello obrigou a pechar a televisión, que custaba uns 300.000 euros anuais, e o seu persoal, con Tébar, foi despedido. A formación nacionalista sinala que “moita veciñanza aínda lembra as entrevistas semanais que Rosa Tébar realizaba a Pepe Castro loándoo e atacando á oposición”.

Segundo o BNG, a operación de calumnias pretende protexer á candidata nº3 da lista que encabeza Nava Castro, por ser a coordinadora do Centro de Saúde. “Resulta inconcibible que un Centro de Saúde con servizo de urxencias situado a 500 metros e poucos minutos dunha vivenda, atrase máis de media hora a atención nunha emerxencia”, sinala a formación nacionalista, concluíndo que “para tapar a neglixencia e a posíbel responsabilidade da Coordinadora e candidata, o PP que lidera Nava Castro, con Juan Carlos Ojea de asesor e lugartenente nesta precampaña, e en connivencia con Rosa María Tébar, non dubidou en atribuír ao Concello a responsabilidade do falecemento. Un comportamento desprezábel e perverso no que se utiliza a morte dunha persoa sen escrúpulos e danando á súa familia, para acusar a quen non ten culpa e protexer por razóns políticas aos responsábeis”.

O BNG acusa ao PP de querer tapar con calumnias unha gravísima neglixencia do SERGAS en Ponteareas