O BNG lamenta que a Xunta menosprece a saúde dos ponteareáns usándoa como xoguete electoral e de partido

nava conselleiro sanidade
Nava Castro, Conselleiro de Sanidade e nº 3 do PP

 

O Bloque afirma que ao PP a saúde dos ponteareáns só lle interesa cando lle preocupa un resultado electoral

O BNG lamenta que a Xunta menosprece a saúde dos ponteareáns usándoa como xoguete electoral e de partido

O BNG lamentou a falta de respecto da Xunta e do Partido Popular á veciñanza de Ponteareas e, especialmente, a aqueles pacientes do Centro de Atención Primaria que levan varios anos sufrindo na súa saúde o desastre da sanidade pública en Galiza e en Ponteareas.

A formación nacionalista considera “obsceno, inmoral e impúdico que o Conselleiro de Sanidade teña afundido o Centro de Saúde de Ponteareas sen persoal sanitario nin medios e que agora anuncie a convocatoria de prazas dun médico e dous pediatras nunha reunión de partido en lugar de comunicarllo ao propio Centro de Saúde e ao Concello”.

Para o BNG, esta actuación evidencia “que a Xunta menospreza e desdeña a saúde das e dos ponteareáns usándoa como xoguete electoral e de partido. O Conselleiro anuncia un reforzo de persoal, ridículo e insuficiente, á candidata do seu partido, Nava Castro, e a tres meses das eleccións. Partido e eleccións é o que lles move, é a proba de que ao PP a saúde das veciñas e veciños de Ponteareas só lle interesa cando lle preocupa un resultado electoral”.

O BNG afirma que “utilizar a contratación de persoal sanitario como anuncio de partido para aproveitarse miserablemente das persoas angustiadas coa súa saúde e que sofren a falta de atención sanitaria só está ao alcance de persoas sen ética nin principios”. O Bloque pregúntanse con ironía se “o seguinte paso será ver a Nava Castro despachando receitas para pacientes”.

O BNG pedirá explicacións no Parlamento Galego sobre os motivos polos que o Conselleiro fai un anuncio de contratación de persoal para o Centro de Saúde de Ponteareas a unha persoa que non forma parte da Corporación Municipal nin ten relación coa Consellaría de Sanidade e o motivo polo que non se comunicou ao Concello.

O BNG lamenta que a Xunta menosprece a saúde dos ponteareáns usándoa como xoguete electoral e de partido