A favor dunha pista de atletismo, pero non así!

A favor dunha pista de atletismo, pero non así!

Como atleta federado de Ponteareas, presidente do club federado de Ponteareas Taninos Runners e habitual usuario da pista de Pardellas, non estou de acordo co proxecto que vai crear o Concello de Ponteareas en Fontenla.

Estou a favor de que se faga unha pista de atletismo, que é unha demanda desde hai moito tempo dos atletas de Ponteareas, pero non así. Queremos que se faga unha pista de 400m, non de 200m, que vala tanto para os nenos como para os adultos, que sexa un proxecto de futuro no que algún día se podían organizar eventos federados e homologados.

Paréceme unha falta de respecto que non se tivera en conta a opinión do club ao cal pentenzo, nin a de ningún dos demais clubs de atletismo de Ponteareas, nin a dos usuarios habituais da pista de Pardellas que non pertencen a ningún club.

Si o financiamento non chegaba pra facer unha de 400m, que o dubido, pois o que habería que facer sería manter unha reunión cos clubs de Ponteareas e atletas individuais, e facer un proxecto de futuro acorde ás necesidades de todos, e se non se podía facer todo de golpe por culpa do financiamento, facelo por partes.

Ademais, como información, en Porriño hai unha pista de 200m similar á que se quere construír en Ponteareas. Esa pista soamente a utilizan os nenos como moito ata 8 anos, os demais atletas teñen que correr por unha pista de terra por fóra, dado que unha pista de 200m ten moito peralte, o que lle ocasiona aos atletas que fan distancias máis largas algunhas lesions.

Como atleta federado de Ponteareas, presidente do clube federado de Ponteareas Taninos Runners e habitual usuario da...

Publicado por Marcos Groba Bargiela en Domingo, 1 de decembro de 2024
A favor dunha pista de atletismo, pero non así!