ENTROU EN VIGOR O DÍA 21 DE DECEMBRO

Ponteareas xa ten Plan Urbanístico

PXOM sinatura cristina
PXOM sinatura cristina
 
Ponteareas xa ten Plan Urbanístico
Logramos un acontecemento histórico: o Plan Urbanístico de Ponteareas (PXOM) xa é unha realidade. Rematamos así con case 20 anos de incerteza, inseguridade xurídica e parálise urbanística da localidade, así como de freo e impedimentos ás iniciativas empresariais e de emprendedores. A entrada en vigor do PXOM abre unha nova etapa de impulso e reactivación da economía local, de oportunidades para a creación de emprego e de novos equipamentos e servizos públicos para a veciñanza de Ponteareas.
Cando comezamos a gobernar Ponteareas en 2015, a localidade levaba sen Plan Urbanístico 13 anos. Este goberno logrou en seis anos a aprobación provisional do PXOM por tres veces, en 2016, en 2019 e en 2021. Nas dúas primeiras non foi posíbel a súa entrada en vigor pola negativa da Xunta a aprobalo definitivamente. Finalmente este ano, e nun exemplo de capacidade de negociación e entendemento coa Xunta de Galicia, logramos a aprobación definitiva transcendental para a historia de Ponteareas.
Grazas ao traballo iniciado por Xosé Represas e continuado por Cristina Fernández, poderemos lograr a regularización e posta en valor do parque empresarial da Lomba para a implantación de novas industrias e actividades económicas e para a creación de emprego ou a cesión de terreos para o patrimonio municipal onde construír equipamentos e instalacións como por exemplo a nova escola infantil, a nova depuradora de Moreira, máis aparcadoiros, o novo centro de saúde, máis parques públicos ou novas instalacións deportivas. Ademais, con esta aprobación garántense os postos de traballo das actividades e instalacións empresariais que ata agora estaban sometidas a ameaza de demolición e peche, como o Eroski, e damos solución tamén ao comercio e á hostalaría, que non podía até agora legalizar ou ampliar a súa actividade. 
Este novo escenario permitiranos modificar no catastro fincas calificadas como urbanas e que non o son, é dicir, os veciños deixarán de pagar a contribución como urbana de fincas nas que non se poden construir.
 
Ponteareas xa ten Plan Urbanístico