En marcha a nova iluminación pública de todo o concello

Luminarias Ponteareas (2) (1)
 
En marcha a nova iluminación pública de todo o concello

A renovación de toda a iluminación pública de Ponteareas xa está en marcha. Nas pasadas semanas iniciouse o cambio a LED de máis de 7500 lámpadas exteriores do centro urbano e das parroquias. 

Con esta actuación melloramos a visibilidade da veciñanza e a súa seguridade, reducimos en 1.712,79 toneladas as emisións de CO2 a atmosfera e ademais logramos un grande aforro nos gastos de enerxía do concello.
Así mesmo, suporá unha mellora na actividade comercial, ao converter as rúas e prazas en lugares máis agradables e atractivos.

A inversión total desta actuación ascende a case 5,5 millóns de euros. 
Grazas á boa xestión do goberno local e á boa saúde financeira do Concello, logramos a confianza doutras administracións, que financiaron o 80% do importe do proxecto, e obtivemos un préstamo superior a un millón de euros para a parte que corresponde á administración local.

En marcha a nova iluminación pública de todo o concello