Ponteareas logra a ampliación da depuradora

edar-moscadeira
edar-moscadeira
 
Ponteareas logra a ampliación da depuradora

O goberno liderado polo BNG, tras anos de traballo, logrou un acordo coa Xunta e o Estado, que permitirá levar a cabo as obras de ampliación e reforma da depuradora de augas residuais da Moscadeira. 
Con esta actuación daremos solución aos problemas históricos máis graves da vila: a contaminación do Tea e a falta de saneamento no rural. 

Con este investimento próximo aos 12 millóns de euros, poderemos acabar por fin cun problema que vén arrastrando Ponteareas dende hai máis de 25 anos, cando entrou en funcionamento a actual depuradora sen capacidade para tratar o caudal que recibía. Isto provocou dende o inicio verteduras ao río Tea, que non só danaban o medio ambiente, senón tamén a arcas municipais polas súas consecuentes sancións económicas.
Así mesmo, é un paso imprescindíbel para poder ampliar o saneamento nas parroquias que carecen del, xa que na depuradora actual non está permitido conectar máis rede.
O convenio aprobado contempla unha financiación das obras do 50% polo Estado con fondos europeos, o 30% polo Concello e o 20% pola Xunta. As obras tamén contemplan a mellora do saneamento, reducindo as filtracións e separando as augas procedentes da choiva que ata o de agora aumentaban o caudal que recibía a depuradora. 

Ademais desta actuación, grazas á aprobación do PXOM,  xa estamos traballando no proxecto de nova depuradora para atender as necesidades de saneamento das parroquias situadas na cunca do río Uma, que por cuestións técnicas non poden empregar a depuradora da Moscadeira.

Ponteareas logra a ampliación da depuradora