O BNG impulsa unha declaración institucional de condena ao secuestro israelí dun ponteareán

undefined
O BNG impulsa unha declaración institucional de condena ao secuestro israelí dun ponteareán

O BNG vén de propor unha declaración institucional para que o Pleno do Concello de Ponteareas condene o ataque militar israelí contra a Global Sumud Flotilla, perpetrado en augas de libre navegación de Chipre, e amose así o seu apoio e solidariedade coas persoas embarcadas nesta misión humanitaria, especialmente co ponteareán Xurxo Porritt Lueiro.

O Bloque destacou que “este secuestro supón unha violación do dereito marítimo internacional, da liberdade de navegación en alto mar e da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar”, e lembrou que “esta nova agresión súmase a anteriores asaltos ilegais acometidos polo exército israelí contra misións humanitarias, tanto marítimas como terrestres, cuxo obxectivo é denunciar o xenocidio contra o pobo palestino e rachar co bloqueo imposto polo Estado sionista de Israel contra a Faixa de Gaza”.

Así mesmo, o BNG insta goberno local a interesarse polo estado do ponteareán secuestrado e, do mesmo xeito, reclama á Xunta de Galiza, ao Goberno español e ás autoridades europeas a actuaren de maneira urxente fronte a este ataque e a garantiren a protección e seguridade da tripulación da Flotilla, impulsando medidas diplomáticas e políticas ao máis alto nivel.

O BNG impulsa unha declaración institucional de condena ao secuestro israelí dun ponteareán