O BNG critica que a Xunta se preocupe de atacalos en vez de solucionar o colapso na sanidade

Miguel Bouzó 22
 
O BNG critica que a Xunta se preocupe de atacalos en vez de solucionar o colapso na sanidade

“Coa que está caendo na sanidade pública, co Centro de Saúde de Ponteareas sen médicos, coa unidade de tarde pechada, con máis de 8.000 veciñas e veciños sen médica nin médico asignado, a preocupación da Xunta é atacar ao BNG e facer falsa propaganda do PP en vez de solucionar o colapso”.

Así replicou o Portavoz Municipal do BNG en Ponteareas, Miguel Bouzó, as declaracións do Sergas, nas que atribúen ao PP o “mérito” de que poidan incorporarse tres novos médicos ao Centro de Saúde. “Hai que ter moi pouca vergoña para presumir de ofertar tres prazas, cando nos pasados días chegou a atender aos pacientes un só médico dos 15 que corresponden”, sinalou.

Bouzó aclarou que “é rotundamente falso que o BNG non queira que se incorporen tres facultativos. O que queremos é que a Xunta se deixe de parches e cubra dunha vez todas as prazas, rematando coa precariedade laboral, ofertando contratos dignos para evitar que sigan marchando profesionais e garantindo unha atención sanitaria digna aos veciños e veciñas”.

O BNG presentou unha iniciativa ao Pleno municipal para instar á Xunta a dotar de persoal sanitario o Centro de Saúde e o PAC de Ponteareas, e para incrementar nos Orzamentos da Xunta para 2023 a partida destinada á Atención Primaria.

O BNG critica que a Xunta se preocupe de atacalos en vez de solucionar o colapso na sanidade