O BNG alerta do risco de perder máis de medio millón de euros de fondos europeos

naves-aceros-del-tea
Deseño proxecto Nave de Aceiros
O PP pretende cambiar o uso dun equipamento sociocultural a un mercado na Nave de Aceiros
O BNG alerta do risco de perder máis de medio millón de euros de fondos europeos

O BNG fai pública a súa preocupación ante a posibilidade de que o goberno do PP e Nava Castro perda máis de medio millón de euros de fondos europeos “pola súa teima de desfacer todo o traballo realizado polo anterior goberno que lideraba o BNG”.

Aceros-del-Tea-Edusi-Ponteareas

O Bloque refírese ao proxecto que estaba en marcha para rehabilitar a Nave de Aceiros, na Avenida de Galiza, e transformala nun novo equipamento sociocultural cunha gran praza cuberta para a celebración de eventos ou feiras e con espazos pechados para aulas, salas de ensaio, conferencias ou obradoiros. Esta actuación, que xa contaba coas correspondentes autorizacións e con orzamento reservado, sería posíbel grazas á obtención de fondos europeos a través da Estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudábel”. O BNG sinala que “se non se executa a actuación antes do 31 de decembro, Ponteareas perderá eses fondos logrados polo anterior goberno”. 

“En vez de avanzar no proxecto no que se traballou nos últimos anos, agora o Partido Popular, en minoría na Corporación, pretende cambiar o uso do equipamento, encargando un novo proxecto para crear un mercado e botando así por terra o equipamento sociocultural previsto”, sinala o Bloque.

En canto á necesidade de renovar o Mercado, o BNG lembra que xa existe un plan para a rehabilitación integral do actual Mercado Municipal. “Tras realizar unha diagnose pormenorizada sobre a situación e o futuro desta edificación e o seu uso, contratamos un anteproxecto para transformalo nun novo espazo comercial para persoas produtoras e emprendedoras locais, que sexa referente de toda a comarca e que se adapte ás necesidades actuais, con aparcadoiro interior, novos espazos gastronómicos, aulas de formación para comerciantes e unha estética moderna e funcional”.

19 mercado municipal
Proxecto do BNG para rehabilitar o actual Mercado Municipal
PonteINT01B
PonteEXT00B
O BNG alerta do risco de perder máis de medio millón de euros de fondos europeos