O BLOQUE AUMENTOU EN CATRO PUNTOS CON RESPECTO AOS ANTERIORES COMICIOS

O BNG agradece o apoio das e dos ponteareáns que contribuíron a ter voz galega en Europa

Europeas 24 - Miranda Pontón Mitin Ponteareas
O BNG agradece o apoio das e dos ponteareáns que contribuíron a ter voz galega en Europa

O BNG logrou este domingo, nas Eleccións Europeas, o seu obxectivo de acadar un escano propio no Parlamento Europeo, que ocupará a eurodeputada Ana Miranda.

En Ponteareas, o Bloque agradeceu o apoio de case 2000 ponteareás e ponteareáns, que supuxo máis dun 21% dos apoios, superando en catro puntos os resultados das anteriores Europeas. Porcentualmente, o BNG aumentou en máis dun 20% nun contexto de descenso da participación e nunha campaña na que, segundo sinala a formación nacionalista, “se intentou que fose unha campaña a dous, centralista, bipartidista e deseñada desde Madrid”.

“Imos estar á altura desa confianza, denunciar en Bruxelas os problemas das e dos ponteareáns e das galegas e galegos dando solucións. Tamén imos traballar para construír outra Europa posible, a das nacións, a dos pobos, a da xustiza social e a da paz. Iso é o que fará a nosa compañeira Ana Miranda desde o primeiro día”, sinala o Bloque.

O BNG agradeceu o esforzo de todas as persoas que colaboraron coa organización nacionalista na campaña electoral, e en especial da súa militancia, que en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, “é a mellor do mundo e a que fai grande ao BNG”.

No País, a formación nacionalista obtivo o apoio de case 180.000 galegos e galegas que confiaron no BNG, “os verdadeiros protagonistas deste logro”, subliñou Pontón, que agradeceu ese apoio en nome de toda a organización anunciando o compromiso de traballar sen escatimar esforzos.

O BNG agradece o apoio das e dos ponteareáns que contribuíron a ter voz galega en Europa