Ponteareas perderá fondos europeos por caprichos, ocorrencias e incompetencia de Castro

naves-aceros-del-tea

O PP terá que explicar por que decidiron tirar para diante co cambio de proxectos a pesar das advertencias

Ponteareas perderá fondos europeos por caprichos, ocorrencias e incompetencia de Castro

O BNG avanzou, a menos de 24 horas do remate do prazo de execución, que o goberno encabezado polo PP e Nava Castro “perderá miles e miles de euros de fondos europeos pola súa obsesión con desfacer o traballo que estaba encamiñado polo anterior goberno”.

O Bloque sinala que “os caprichos, as ocorrencias e a incompetencia de Nava Castro e o seu equipo sairanlle moi caras ás veciñas e veciños de Ponteareas. O BNG xa alertara no mes de xullo do risco de perder os fondos, xa que “en vez de avanzar nos proxectos nos que se traballara nos últimos anos, o Partido Popular, co apoio dos independentes, decidiu cambiar os proxectos en marcha na Nave de Aceiros, que ía ser un grande equipamento sociocultural, e no edificio da Praza Maior que ía converterse nun Centro Cívico.

Así mesmo, o BNG denuncia que “o goberno de Castro, polas súas ocorrencias, nin sequera foi capaz de pór en marcha a tempo o programa de formación para a inserción profesional de colectivos en risco, sumándose esta acción á longa lista de irregularidades na xestión dos fondos e que serán posteriormente auditadas pola autoridade de xestión dos fondos europeos.”

O BNG lembra que as auditorías realizadas ás dúas solicitudes de pagamento feitas polo anterior goberno foron superadas con éxito sobresaínte. “Os cambios para satisfacer os caprichos e ocorrencias electorais de Nava Castro supuxeron o atraso na execución das accións que estaban en marcha para rematar con tempo suficiente antes da finalización do prazo de execución. Agora, que se confirma que perderán diñeiro das e dos ponteareáns, o PP e os seus aliados terán que explicar por que decidiron tirar para diante a pesar de teren advertencias de que perderían fondos europeos logrados polo anterior goberno”, conclúe o BNG.

Ponteareas perderá fondos europeos por caprichos, ocorrencias e incompetencia de Castro