Nava Castro, de festa en pleno apagamento eléctrico

Castro e concelleiros en Tui
Castro e concelleiros nas festas de Tui

O BNG denuncia que a alcaldesa de Ponteareas e concelleiros do PP asistiron ás festas de Tui na tarde do apagamento 

Nava Castro, de festa en pleno apagamento eléctrico

O BNG, a través do seu portavoz municipal Miguel Bouzó, denunciou que “en pleno apagamento eléctrico, mentres os alcaldes e alcaldesas da contorna estaban liderando comités de seguimento da situación, a alcaldesa de Ponteareas e os seus concelleiros do PP estaban de turismo e procesión nas festas de San Telmo en Tui”.

Bouzó lamentou, na sesión plenaria deste martes, que Nava Castro estivese “de festa” e “abandonando as súas funcións mentres moitas persoas estaban nunha situación angustiosa e de grande incerteza pola falta de subministro eléctrico nas súas vivendas, nos seus negocios e en servizos básicos”.

Castro e concelleiros en Tui. Imaxe valmiñortv
Castro e concelleiros do PP nas festas de Tui. Imaxe: valmiñortv

“É totalmente inaceptable que, en lugar de liderar a resposta municipal fronte unha emerxencia que afectaba á seguridade e benestar da poboación, a máxima responsable política local optase por continuar coa súa axenda con normalidade e permanecer allea á situación”, denunciou o concelleiro do BNG, insistindo en que esta actitude “pon en dúbida o compromiso de Castro co cargo que ostenta en Ponteareas e coa responsabilidade institucional que se lle supón”.

Fronte a “conduta irresponsable de Castro”, o Bloque quixo agradecer “a profesionalidade, o traballo e a entrega de todas as persoas implicadas en reducir o impacto do apagamento en Ponteareas”.

Nava Castro, de festa en pleno apagamento eléctrico