O BNG homenaxea Xosé Represas no cuarto aniversario do seu pasamento

O Bloque celebra este sábado un acto político e unha ofrenda floral ás 20:00 horas no cemiterio de Xinzo

O BNG homenaxea Xosé Represas no cuarto aniversario do seu pasamento

O BNG organiza este sábado un acto de homenaxe ao exalcalde de Ponteareas, Xosé Represas, coincidindo co cuarto aniversario do seu pasamento. A cita, na que o Bloque tamén lembrará aos seus integrantes falecidos, terá lugar ás 20:00 horas no cemiterio de Xinzo, onde se celebrará unha ofrenda floral e un acto político no que intervirán representantes do BNG, familiares e persoas próximas a Represas.

Con este acto, que coincide no ecuador do mandato municipal, o BNG quere manter viva a memoria “dun home que marcou un antes e un despois na historia do noso concello, que plantou a semente dunha Ponteareas diferente, digna e orgullosa”.

A formación nacionalista destaca a entrega e compromiso de Represas coa defensa do ben común ao longo da súa traxectoria política e persoal, sempre lonxe de protagonismos e guiado pola humildade e a firmeza. “A súa lealdade inquebrantable ao pobo e á organización fai del un exemplo de militancia honesta e coherente, que continúa a ser guía para quen loita por transformar Galiza dende os concellos”, destacan.

O Bloque convida a toda a veciñanza a participar neste acto de lembranza e recoñecemento, que tamén será “un espazo de encontro e reivindicación da memoria colectiva como ferramenta para construír futuro”.

O BNG homenaxea Xosé Represas no cuarto aniversario do seu pasamento