O BLOQUE PRESENTARÁ INICIATIVAS NO PARLAMENTO PARA GARANTIR UNHA  ATENCIÓN DIGNA

O BNG denuncia que a Xunta peche o centro de saúde de Ponteareas coa escusa da COVID-19

Cristina Fernández diante do Centro de Saúde de Ponteareas
A alcaldesa e Ponteareas, Cristina Fernández Davila, diante do Centro de Saúde de Ponteareas
 
O BNG denuncia que a Xunta peche o centro de saúde de Ponteareas coa escusa da COVID-19

O BNG denuncia o desmantelamento programado da atención primaria nas comarcas do Condado, Paradanta e A Louriña. “A actitude neglixente do PP pon en grave risco a poboación da nosa bisbarra. A nula previsión e a falta de medios provocada polos anos de recortes e privatizacións resulta agora no peche da atención primaria do centro de saúde de Ponteareas, cancelándose ducias de citas programadas e mantendo soamente o servizo de urxencias aberto”, criticou a formación nacionalista.

“O Partido Popular desmantela a Atención primaria durante a maior crise sanitaria no noso país”

“A grave situación epidemiolóxica que estamos padecendo non pode ser atallada sen persoal sanitario e cos centros de saúde desmantelados” afirma a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, que cualifica de “alarmante” a situación actual na localidade. A rexedora advertiu que “a construción dun novo centro de saúde na vila é unha demanda local, pero non pode ser empregada polo PP como cortina de fume para tapar as carencias de persoal e privar de atención sanitaria á cidadanía”.

O BNG advertiu que non vai quedar parado ante os ataques continuados do PP ao servizo de saúde. Por este motivo, anunciou a inmediata presentación de iniciativas no Parlamento Galego para instar á Xunta de Galiza “a paralizar o desmantelamento do SERGAS, contratando o persoal sanitario necesario para garantir unha atención primaria de calidade”.

O BNG denuncia que a Xunta peche o centro de saúde de Ponteareas coa escusa da COVID-19