"O PP non se entera de nada da xestión económica do Concello"

O BNG a través do seu responsábel local en Ponteareas, Bolívar González, saíu ao paso das afirmacións do PP sobre a liquidación das contas de 2019 de Ponteareas, que acaba de aprobar o Pleno e que os populares tachan de “irreais”.
“Esa afirmación deixa retratado ao Partido Popular”, asegura González, que considera que “teñen un descoñecemento absoluto do que é un orzamento municipal. Descoñecen que cada vez que se recibe unha subvención da Xunta ou da Deputación hai que facer unha modificación para incorporar ese diñeiro ao Orzamento vixente, para poder realizar os gastos ou investimentos que se subvencionan. Das 83 modificacións realizadas, 56 foron por incorporacións de subvencións, tal como se pode comprobar”, asegura o BNG. Acompañamos unha táboa que demostra as modificacións orzamentarias de 2019.
“As afirmacións de que se pasa do aforro ao malgasto son falsas, só confirman o descoñecemento económico do Partido Popular para xestionar o Concello”, afirmou o responsábel local do BNG, que entende que o PP “non está en condicións de dar leccións sobre a xestión económica do Concello”. “Non foron capaces de aprobar un só orzamento en 5 anos e levaron o Concello á intervención do 50% dos ingresos por parte do Ministerio de Facenda e a quebra económica, polo que non están en condicións de criticar nin de esixir nada, ao contrario debían pedir desculpas pola súa incompetencia e irresponsabilidade de estar máis de 5 anos sen orzamentos coa finalidade de dilapidar os recursos do Concello”, indicou Bolívar González, remarcando que “o PP e a Sra. Villar non teñen lexitimidade ningunha para falar da situación económica do Concello ”.
O responsable nacionalista indicou que “descoñecen ou non saber ler os orzamentos. Durante o ano 2019 só se realizaron 11 modificación de axuste orzamentario. Aínda así, hai que aclarar que estas modificacións, chamadas transferencias de crédito, non supoñen ningún cambio no total do orzamento, pois o que se incrementa nunhas partidas diminúese noutras”.
“Se entenderan o orzamento -continuou González - saberían que as partidas relacionadas con obras que quedan sen executar no orzamento son investimentos que se traspasan para o ano seguinte. Tamén descoñecen, ou ocultan a mala fe, que no ano 2018 o Concello de Ponteareas tivo un Remanente de Tesourería positivo, cousa que nunca ocorreu cos gobernos do PP, e no Pleno decidiuse que se destinase a investimentos. Para incorporar estes cartos ao Orzamento do 2019 realizáronse modificacións orzamentarias, xa que é a única forma de facelo para realizar as obras que aprobara o Pleno.”
O responsable local do BNG explicou que “descoñecen tamén que no orzamento hai partidas que, pola súa natureza, están recoñecidas nas Bases de Execución do Orzamento como créditos ampliables, o que quere dicir que na medida na que se incrementan determinados ingresos sobre o previsto no orzamento, nesas partidas ampliables deberá aumentarse o crédito previsto nos gastos”.
“O que non soporta o PP é que por terceiro ano consecutivo Ponteareas tivera un remanente positivo de Tesourería, algo inédito no Concello. Só 5 anos antes, en 2014, no último ano de Belén Villar como Concelleira de Facenda, o resultado fora de 5 millóns de euros negativos de Remanente de Tesourería, un dos datos fundamentais para medir a saúde económica dun Concello”, asegurou Bolívar González.
González sinalou que “non hai ningún informe negativo, nin de Intervención nin de Secretaría, sobre a execución do orzamento, por iso puido ser aprobado polo Pleno e agora trasladarse ao Consello de Contas”. O dirixente do BNG retou ao PP a “indicar que facturas entraron por rexistro en 2019 e quedaron sen contabilizar por orde do goberno municipal, como parece que dan a entender nas súas afirmacións gratuítas. Son afirmacións que demostran unha vez máis que non se enteran de nada ou, o que é peor, actúan con mala fe”
Dende o BNG indican que non hai ningunha situación preocupante polo endebedamento do Concello, “e así o recollen os informes de intervención. O endebedamento realmente grave foi o que realizou en 2013 o PP con Belén Villar como concelleira de Facenda, asinando un préstamo ata 2023 con elevados intereses para gastos correntes como as orquestras das festas de setembro de 2013 ou alimentos e pins, préstamo que foi cancelado polo goberno actual. Nos últimos anos o goberno local ten asinado préstamos sen xuros para investimentos, nunca para gastos correntes”, concluíu.
Táboa de todas as modificacións orzamentarias do ano 2019 do Concello de Ponteareas
Data |
Importe |
Descrición |
Concepto |
24/01/2019 |
15.000,00 |
1-XERA-19 FEGAMP SUBVENCION CEMIT |
SUBVENCIÓN |
08/02/2019 |
680.388,94 |
2-CRED EXTR-19 INCORPORACION REMANENTE 2018 NO 2019 |
RT |
11/02/2019 |
171.518,99 |
3-CRED EXTR-19 INCORPORACION REMANENTE SUBVENCIÓNS |
SUBVENCIÓN |
02/05/2019 |
447.252,14 |
4-CRED EXTR-19 AXUSTE ORZAMENTARIO, CEDE PARTIDA DE XUROS |
AXUSTE |
18/02/2019 |
361.541,03 |
5-CRED EXTR-19 INCORPOR CRED REMANENTE TESOURE 18 A 19 |
RT |
18/02/2019 |
18.137,90 |
6-TRANSF-19 CAMBIO PARA INVESTIMENTO SEGURIDADE E MOBILIDADE |
CAMBIO PARTIDA |
19/02/2019 |
12.000,00 |
7-CRED EXTR-19 INCORPORACION REMANENTE, SUBV CLUB CICLISTA |
NOVA |
20/02/2019 |
97.500,00 |
8-XERA-19 PLAN CONCELLOS 17 PAVIMENTACION REDE VARIA |
SUBVENCIÓN |
05/03/2019 |
271.397,24 |
9-XERA-19 PLAN CONCELLOS 2019 LIÑA 3 |
SUBVENCIÓN |
07/03/2019 |
10.000,00 |
10-CRED EXTRD-19 SUBVENCIONS AXUDAS INTER SOCIAL |
SUBVENCIÓN |
17/06/2019 |
27.350,00 |
11-TRANSF-19 CAMBIO A PARTIDA DE SUBVENCIÓN TRAMOS CORPUS |
AXUSTE |
15/03/2019 |
43.906,46 |
12-XERA-19 DEPUTACION AMPLIC REDE ABAST MOREIRA |
SUBVENCIÓN |
15/03/2019 |
262.737,29 |
13- XERA-19 DEPUTACION SANEAMENTO INTEGRAL ALTO GLORIA F |
SUBVENCIÓN |
18/03/2019 |
51.273,81 |
14-XERA-19 DEPUTACION PAVIMENTAC CILLARGA RIBADETE |
SUBVENCIÓN |
18/03/2019 |
136.170,16 |
15-XERA-19 DEPUTACION AMPLIA VIAL EN DUCA SATGO OLIVEIRA |
SUBVENCIÓN |
26/03/2019 |
66.358,00 |
16-CRED EXTRD-19 INCORPORACION REMANENTE 2018 NO 19 |
RT |
28/03/2019 |
375.445,69 |
17-CRED EXTRD-19 DIFERENCIAAS SALARIOS RPT 2018 |
NOVA |
05/04/2019 |
113.980,63 |
18-XERA-19 DEPUTACION SANEAMENTO ARCOS E BUGARIN |
SUBVENCIÓN |
22/04/2019 |
24.300,83 |
19-XERA-19 DEPUTACION ACONDICION AREA RECRET FREIX |
SUBVENCIÓN |
22/04/2019 |
26.086,20 |
20-XERA-19 DEPUTACION ALUMEADO PISTA TENIS AFREIXA |
SUBVENCIÓN |
10/05/2019 |
21.000,00 |
21-XERA-19 DEPUTACION FESTIVAL E PROXECTO GROBA |
SUBVENCIÓN |
10/05/2019 |
5.000,00 |
22-XERA-19 DEPUTACION FEIRA DE OUTONO |
SUBVENCIÓN |
10/05/2019 |
9.000,00 |
23-XERA-19 DEPUTACION DESENV TURISTICO CORPUS 19 |
SUBVENCIÓN |
10/05/2019 |
6.000,00 |
24-XERA-19 PUBLICACIONS CREADORES PONTAREANS 2019 |
CAMBIO PARTIDA |
10/05/2019 |
6.000,00 |
25-XERA-19 ASISTENCIA EN MATERIA DE CONTRATACION 2 |
SUBVENCIÓN |
10/05/2019 |
6.000,00 |
26-XERA-18 DEPUTACION ASESORMT TECNICO ESTACION BO |
SUBVENCIÓN |
13/05/2019 |
49.852,40 |
27-XERA-19 DEPUTACION ACTIVIDADES CULTURA VERAN 19 |
SUBVENCIÓN |
13/05/2019 |
8.000,00 |
28-XERA-19 DEPUTACION ASISTENCIA EN COMUNICACION |
SUBVENCIÓN |
10/05/2019 |
197.181,61 |
29-XERA-19 XUNTA REVALORIZACION ESPAZOS PUBLICOS R |
SUBVENCIÓN |
15/05/2019 |
60.000,00 |
30-XERA-19 XUNTA E BANCA GASTOS CELEBRACION CORPUS |
SUBVENCIÓN |
16/05/2019 |
8.000,00 |
31-XERA-19 DEPUTACION SUBVENCION PARA A DINAMIZACI |
SUBVENCIÓN |
24/05/2019 |
7.439,37 |
32-XERA-19 XUNTA EDITORIAIS GALEGO MELLORA COLECIO |
SUBVENCIÓN |
24/05/2019 |
24.387,98 |
33-XERA-19 DEPUTACION SUBVENC REHAB SEÑALI PATRIMO |
SUBVENCIÓN |
28/05/2019 |
7.200,00 |
34-XERA-19 DINAMIZACIÓN DO SERVIZO DE SOCORRISMO |
SUBVENCIÓN |
06/06/2019 |
7.466,33 |
35-TRANSF-19 CAMBIO PARA INVESTIMENTO BIOSAUDABLES GULÁNS |
CAMBIO PARTIDA |
21/06/2019 |
10.115,00 |
36-TRANSF-19 CAMBIO PARA SUBV CONTRATA TÉCNICOS/AS VARIOS/AS |
CAMBIO PARTIDA |
21/06/2019 |
4.809,74 |
37-XERA-19 ESTADO CIM PACTO VIOLENCIA XENERO |
SUBVENCIÓN |
21/06/2019 |
8.000,00 |
38-XERA-19 DEPUTACION ACTUACION MUSICAL CORPUS 19 |
SUBVENCIÓN |
03/07/2019 |
304.385,86 |
39-INCORP-2019 INCORPORACION REMANENTES VARIAS OBR |
SUBVENCIÓN |
08/07/2019 |
1.026,31 |
40-XERA-2019 XUNTA DINAMIZACION LECTURA BIBLIOTECA |
SUBVENCIÓN |
10/07/2019 |
13.830,12 |
41-XERA-19 DEPUTACION MESTRE COMPOSTEIRO 2019 |
SUBVENCIÓN |
11/07/2019 |
25.215,14 |
42-XERA-19 XUNTA FONDO COMPENSACION MEDIO AMBIENTE |
SUBVENCIÓN |
17/07/2019 |
13.404,69 |
43-TRANSF-19 CAMBIO A PARTIDA DE PARQUES FORESTAIS |
CAMBIO PARTIDA |
05/08/2019 |
30.530,43 |
44-XERA-2019 XUNTA SUBVENCION OBRADOIRO COIDAR NOS |
SUBVENCIÓN |
06/08/2019 |
187.919,44 |
45-XERA-19 XUNTA CONTRAT PERSOAL VICTIMAS VIOLENCI |
SUBVENCIÓN |
12/08/2019 |
50.377,02 |
46-XERA-19 DEPUTACION PC/17 REPARACION BEIRARRUAS |
SUBVENCIÓN |
14/08/2019 |
9.757,50 |
47-XERA-19 XUNTA SUBVENCION PREVENCION INCENDIOS |
SUBVENCIÓN |
28/08/2019 |
961,53 |
48-XERA-19 XUNTA DINAMIZACION LECTURA IGUALDADE HO |
SUBVENCIÓN |
27/08/2019 |
76.431,10 |
49-XERA-19 CONVENIO UNESPA |
SUBVENCIÓN |
29/08/2019 |
31.575,50 |
50-XERA-19 MELLORA CAMIÑOS MUNICIPAIS 19-20 |
SUBVENCIÓN |
30/08/2019 |
25.000,00 |
51-XERA-19 SUBVENCION ORIENTACION LABORAL |
SUBVENCIÓN |
10/09/2019 |
97.653,13 |
52 XERA 19 PARQUES FORESTAIS |
SUBVENCIÓN |
13/09/2019 |
24.000,00 |
53 XERA 19 O TEU PRIMEIRO EMPREGO |
SUBVENCIÓN |
12/09/2019 |
516.567,13 |
54 TRANF-19 APLICACIÓN DE VACANTES DE PERSOAL |
CAMBIO |
19/09/2019 |
37.338,18 |
55 XERA 19 MELLORA ALUMEADO TRAMO CAPELA |
SUBVENCIÓN |
20/09/2019 |
18.058,04 |
56 XERA 19 MELLORA ENERXÉTICA ALUMEADO EXT INSTITUTO |
SUBVENCIÓN |
24/09/2019 |
21.271,11 |
57 XERA 19 SANEAMENTO DE AUGAS FECAIS BUGARIN |
SUBVENCIÓN |
25/09/2019 |
7.398,40 |
58 TRANSF 19 CAMBIO ENTRE PARTIDAS DE INVESTIMENTO E GASTO |
AXUSTE |
26/09/2019 |
5.000,00 |
59 TRANSF 19 CAMBIO ENTRE PARTIDAS DE GASTO |
AXUSTE |
02/10/2019 |
190.000,00 |
60 TRANSF 19 CAMBIO ENTRE PARTIDAS DE GASTO |
AXUSTE |
02/10/2019 |
8.507,72 |
61 TRANSF 19 CAMBIO A PARTIDA DE FONDO COMP AMBIENTAL |
CAMBIO PARTIDA |
08/10/2019 |
7.623,00 |
62 XERA 19 XUNTA SUBVENCIÓN MERCADOS EXCELENTES |
SUBVENCIÓN |
09/10/2019 |
43.676,24 |
63 XERA 19 M.A.E BOUZALONGA A C.REMEDIOS |
SUBVENCIÓN |
09/10/2019 |
520.226,70 |
64 TRANSF 19 HUMANIZA RÚA REDONDELA |
CAMBIO PARTIDA |
11/10/2019 |
11.313,05 |
65 XERA 19 CONVENIO AGADIC E CONCELLO R.GALEGA TEA |
SUBVENCIÓN |
17/10/2019 |
339.446,00 |
66 XERA 19 OBRADOIRO DE EMPREGO COIDAR NOS II |
SUBVENCIÓN |
18/10/2019 |
597.067,03 |
67 TRANSF 19 CAMBIO A PARTIDA DE INVESTIMENTO PRAZA BUGALLAL |
CAMBIO PARTIDA |
21/10/2019 |
4.800,00 |
68 XERA 19 OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO |
SUBVENCIÓN |
21/10/2019 |
70.000,00 |
69 TRANSF 19 CAMBIO ENTRE PARTIDAS DE GASTO |
AXUSTE |
21/10/2019 |
14.761,72 |
70 TRANSF 19 CAMBIO PARA GASTO EN VÍAS E OBRAS |
AXUSTE |
31/10/2019 |
43.201,61 |
71-XERA-19 DEPUTACION PAVIMENT MONTE ABAIXO NOGUEI |
SUBVENCIÓN |
04/11/2019 |
39.071,05 |
72-XERA-19 DEPUTACION OBRA CEMETERIO “antiga Casa a..” |
SUBVENCIÓN |
06/11/2019 |
21.360,32 |
73-XERA-19 SUBMINISTRO DE BIOSAUDABLES E PAPELEIRAS |
SUBVENCIÓN |
13/11/2019 |
37.295,96 |
74-TRANSF-19 TRANSFERENCIAS MESMA AREA GASTO |
AXUSTE |
14/11/2019 |
312.127,68 |
75-TRANSF-19 TRASFERENCIA AREA DE GASTO 92 |
AXUSTE |
18/11/2019 |
42.063,30 |
76-XERA-19 XUNTA CURSOS CREA MICROEMPRESAS 2019/20 |
SUBVENCIÓN |
26/11/2019 |
42.167,42 |
77-XERA-19 XUNTA SUBVENCION REDACCION DO PXOM 2019 |
SUBVENCIÓN |
29/11/2019 |
50.389,04 |
78-TRANSF-19 CAMBIO ENTRE DISTINTAS AREAS GASTO |
AXUSTE |
03/12/2019 |
12.000,00 |
79-XERA-19 DEPUTACION CAMBIO FINALIDADE FESTAS SET |
SUBVENCIÓN |
12/12/2019 |
20.602,65 |
80-AMPLI-19 AMPLIACION CREDITO RECAUDACION ORAL |
CDTO AMPLIABLE |
26/12/2019 |
39.429,95 |
81-AMPLI-19 AMPLIACION CREDITOS TRIBUTOS ORAL |
CDTO AMPLIABLE |
26/12/2019 |
686,95 |
82-XERA-19 XUNTA CONVENIO AGADIC 2 SEMESTRE |
SUBVENCIÓN |
26/12/2019 |
97.144,91 |
83-TRANSF-19 TRANSFERENCIAS DISTINTAS AREAS |
AXUSTE |