O BNG propón a creación dunha comisión de investigación sobre as obras da Escola Infantil

Q55A8260
Verónica Carrera
O BNG propón a creación dunha comisión de investigación sobre as obras da Escola Infantil

O BNG proporá no vindeiro pleno do Concello de Ponteareas a constitución dunha comisión de investigación para “esclarecer e depurar as responsabilidades políticas, patrimoniais, económicas e penais que se poidan ter derivado do escándalo das obras de ampliación da Escola Infantil Municipal”.

A formación nacionalista, a través da súa concelleira Verónica Carrera, salientou que “a realización en 2006 das obras na Escola Infantil sen a autorización da Xunta supuxeron un gasto de 320.000 euros ao que se engadiron outros 46.000 euros en xuros aos que foi condenado o goberno de González Solla e o PP pola súa morosidade”.

Carrera salienta que “agora o Concello terá que gastar 350.000 euros máis para adaptar o edificio á legalidade e alguén terá que responder deste dano patrimonial causado a todos os ponteareáns”. O BNG considera un “escándalo que se tirasen pola borda varios centos de miles de euros, aumentados en case 50.000 euros de xuros máis polos pufos do goberno do PP e os independentes de Juan Carlos González”.

O BNG propón a creación dunha comisión de investigación sobre as obras da Escola Infantil