O BNG lamenta que o PP queira entorpecer a ampliación da depuradora de Ponteareas

edar-moscadeira
O BNG lamenta que o PP queira entorpecer a ampliación da depuradora de Ponteareas

O BNG saíu ao paso das críticas do PP á sinatura do convenio para a ampliación da depuradora de Ponteareas. A formación nacionalista asegurou que “o único que pretende o PP é entorpecer a solución aos problemas de contaminación que eles mesmos crearon coa construción en 1995 dunha depuradora insuficiente dende o primeiro día”.

“O actual goberno municipal, tras anos de traballo, logrou un compromiso do Estado e da Xunta para asumir o 70% dun investimento de case 12 millóns de euros. O PP, en lugar de alegrarse e apoiar a sinatura do convenio, prefire pór paus nas rodas colocando os seus intereses partidistas por enriba dos de Ponteareas e a súa veciñanza. Unicamente queren evitar que resolvamos un problema que a dereita causou e non foi quen de resolver en máis de 20 anos”, sinalou o BNG, lembrando que a ampliación da depuradora é fundamental para pór fin á contaminación do Tea e á falta de saneamento no rural.

O BNG lamenta que o PP queira entorpecer a ampliación da depuradora de Ponteareas