O BNG critica que PSOE e Podemos marxinen a Ponteareas nos Orzamentos do Estado

Nestor Rego
Néstor Rego, deputado do BNG
O BNG critica que PSOE e Podemos marxinen a Ponteareas nos Orzamentos do Estado

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, explicou o voto en contra da formación nacionalista ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 presentado polo Goberno español.

Rego criticou a “marxinación coa que PSOE e Podemos castigan á veciñanza de Ponteareas, ao rexeitar as emendas do BNG que pretendían lograr investimentos para satisfacer necesidades históricas e vitais como son a mellora da seguridade viaria na estrada N-120 e a construción da Variante de Ponteareas”. O deputado considerou “lamentábel que existindo xa un proxecto, a pesar de comprometerse ante a Plataforma Veciñal, rexeiten a nosa emenda e non plasmen ese compromiso cunha partida económica nos Orzamentos”.

Rego, coa Plataforma VeciñalPrimeiro PP, logo PSOE, outra vez PP e agora PSOE e Unidas Podemos. Así máis de 20 anos. Os partidos no goberno alternan, as promesas continúan, séguense pasando a pelota pero as solucións non chegan a Ponteareas. Nós tan só nos aliamos cos galegos e galegas e coa defensa dos seus intereses, estea quen estea no goberno de Madrid”, aclarou Néstor Rego.

Estamos diante dunhas contas que discriminan Ponteareas e que discriminan o noso País, cun descenso do investimento territorializado en 11% e unha caída de 104 millóns de euros en relación cos últimos orzamentos aprobados de 2018 do Partido Popular”, afirmou o deputado do Bloque no Congreso.

Néstor Rego destacou que o BNG seguirá traballando para que todas as medidas que PSOE e Podemos non quixeron incorporar a estes orzamentos poidan saír adiante nos próximos tempos. “A actividade parlamentaria do BNG vai ir encamiñada en actuacións que consideramos que son esenciais, como é o caso destas demandas históricas e tan necesarias para Ponteareas”, afirmou.

Subliñou tamén Néstor Rego que os partidos do Goberno rexeitaron emendas do BNG para que sectores especialmente vulnerábeis neste contexto paguen menos impostos, como a eliminación do IVE ás máscaras e materiais de protección fronte ao coronavirus, a rebaixa a 4% aos produtos culturais, produtos de hixiene feminina ou a servizos esenciais como auga, luz ou gas “para que ninguén teña que optar entre comer ou pór a calefacción”, así como a baixada a 10% nos salóns de peiteado.

Rego sinalou que entre os elementos positivos destes orzamentos están as partidas para a rebaixa das peaxes da AP-9, “que están aí grazas á insistencia do BNG e a que as incluímos como prioritarias no Acordo de Investidura. En todo caso, insuficientes para dar o apoio a estas contas que discriminan Ponteareas e Galiza”, concluíu.

O BNG critica que PSOE e Podemos marxinen a Ponteareas nos Orzamentos do Estado