Imprimir

Represas cualifica aos seus edís coma “o mellor equipo que nunca antes tivo Ponteareas”

BNG Ponteareas | 04 de xuño de 2019

O Alcalde, Xosé Represas, e as concelleiras e concelleiros do BNG celebraron a súa primeira reunión de traballo, na que analizaron o novo escenario político aberto tralas eleccións do domingo 26, que converteron aos nacionalistas na primeira forza política con nove edís.

No encontro quedou configurado o grupo municipal do BNG, formado por cinco mulleres e catro homes: Xosé Represas, Cristina Fernández, Roberto Mera, Verónica Carrera, Fernando Groba, Eva Gil, Miguel Bouzó, Rosa Covelo e Nahir Covelo.

Segundo explicou Xosé Represas, “todas as concelleiras e concelleiros do BNG asumirán responsabilidades no futuro goberno local. Agora, con nove representantes, catro máis que no anterior mandato, poderemos repartir máis as responsabilidades e traballar con moita máis eficacia”. O Alcalde salientou que os seus concelleiros e concelleiras “conforman o mellor equipo que nunca antes tivo Ponteareas para gobernar, persoas honestas, preparadas e ilusionadas ante o reto de transformar Ponteareas nos vindeiros catro anos”.

Dos nove concelleiros e concelleiras, cinco xa contan con experiencia municipal mentres que outros catro acceden por vez primeira á corporación e ao goberno local.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/represas-cualifica-aos-seus-edis-coma-mellor-equipo-nunca-antes-tivo-ponteareas/20190604203847002271.html


© 2020 BNG Ponteareas

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal