Imprimir

O PP búrlarse da veciñanza de Ponteareas rexeitando as melloras para a estrada PO 403

bngponteareas | 26 de Xuño de 2018

Bará intervindo en ComisiónO BNG, a través do Deputado Luís Bará, defendeu no Parlamento Galego as iniciativas consensuadas coa veciñanza para a mellora da seguridade viaria na estrada PO 403 que une Ponteareas con Salvaterra. Segundo denuncia o Bloque, “o PP burlouse unha vez máis das veciñas e veciños de Ponteareas ao votar en contra da proposta para mellorar o alumeado, incluír beirarrúas ou establecer medidas de redución de velocidade para esta estrada pola que pasan cada día milleiros de vehículos”.

Bará indicou a necesidade de complementar a obra coa circunvalación

Q55A6117Luís Bará sinalou a idoneidade de que esta obra se complemente coa circunvalación, que reduciría o paso de vehículos e camións de gran tonelaxe. O Deputado do BNG lembrou que “en maio de 2015, en plena campaña electoral, asinouse un protocolo entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para elaborar a circunvalación, no que a Xunta se comprometía a redactar o proxecto. Como os veciños desaloxaron da alcaldía ao PP, nestes tres anos non moveron nin un papel para que Ponteareas conte coa circunvalación, castigando así ás veciñas e veciños”.

Así mesmo, o deputado do BNG sinalou “a falta de respecto institucional da Xunta de Galiza”. Segundo Bará, “o normal nun proxecto destas características sería que o goberno da Xunta dialogase co goberno de Represas para acordar as actuacións a realizar en función das necesidades da veciñanza. Pero a Xunta non contou en ningún momento co goberno local nin coas veciñas e veciños para elaborar o proxecto, e o que fixeron foi reunirse co portavoz do PP de Ponteareas para anunciar que ían publicar este proxecto”, concluíu o deputado do BNG.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/pp-burlarse-da-vecinanza-ponteareas-rexeitando-melloras-estrada-po-403/20180626135441002196.html


© 2018 BNG Ponteareas

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal