Ponteareas perde 7 millóns de euros en impostos non cobrados

Ponteareas perde 7 millóns de euros en impostos non cobrados

O BNG de Ponteareas a través da concelleira Hortensia Bautista, revelou que o Concello de Ponteareas vai renunciar ao cobro de 7 millóns de euros en impostos, por non telos reclamado dentro do prazo legal.

Entre os 7 millóns de euros destacan mais de medio millón de euros por  impostos que deberían ter abonado coñecidos construtores e promotores urbanísticos. Hortensia Bautista lembrou que “o PP nos últimos trinta anos é o responsable do desastre urbanístico de Ponteareas, e ademais é responsable de  favorecer economicamente, a costa de todos, a moitos  promotores urbanísticos que sempre apoiaron ao Partido Popular”.

Máis de medio millón de euros son impostos de coñecidos construtores.

Hortensia Bautista non dubidou en calificar a situación como “unha amnistía fiscal, inmoral e gravísima, coa que se afunde aínda máis ao Concello de Ponteareas. Ao final, os que máis teñen non pagan e o resto dos veciños teremos que facer frente cos nosos impostos a este novo buraco nas contas municipal. É intolerable  que o alcalde  pretenda sanear o concello a costa de afogar con impostos a maioría social mentres se benefician de forma escandalosa aos que realmente se enriqueceron coa especulación urbanística  neste concello”.

No marco desta actuación, o BNG advirte que “o PP tamén pretende perdoar 57.564,42 euros do ano 2004 á Asociación de Desenvolvemento Comarcal, ADRICONPA, vinculada á Fundación Comarcal na que Salvador G. Solla fora colocado polo PP como xerente. Un novo exemplo de incompetencia e corrupción do PP de Ponteareas”, conclúe Bautista

Ponteareas perde 7 millóns de euros en impostos non cobrados