Os orzamentos do Estado prevén 10.000 “ridículos” euros para a circunvalación de Ponteareas até 2017

Os orzamentos do Estado prevén 10.000 “ridículos” euros para a circunvalación de Ponteareas até 2017

Os orzamentos do Estado para o 2013 e as previsións ata 2017 son “unha burla aos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirmou o portavoz do BNG en Ponteareas, Xosé Represas. O nacionalista manifestou que “o PP, igual que antes o PSOE, esquece de novo a Ponteareas nos orzamentos do Estado prevendo 10.000 ridículos euros e nada nos vindeiros catro anos para acometer a circunvalación de Ponteareas. É unha auténtica tomadura de pelo aos ponteareáns”.

Unha promesa feita por Fraga, Cuiña, Rajoy e Feijoo desde 1997

O BNG lembra que o Estado “debe construir a circunvalación de Ponteareas conectando o núcleo urbano e a N-120 co enlace da Autovía en Moreira. O PP, Rajoy e Feijoo prometeron esta actuación xa co goberno de Aznar, volveron coas promesas hai un ano nas eleccións xerais pero siguen condenando a Ponteareas sen circunvalación.

O PP e o PSOE levan 15 anos enganando aos ponteareáns

Os nacionalistas din que “a historia repítese, pois o PSOE e PP teñen apoiado, no Pleno do Concello, propostas do BNG para esixir ao Estado eses investimentos, pero logo cando teñen o goberno en Madrid, tanto PP coma PSOE esquécense de Ponteareas”.

O BNG pediralle aos veciños de Ponteareas que aproveiten as eleccións do 21 de outubro, para expresar nas urnas o rexeitamento as políticas do PP que teñen resultado nefastas para Ponteareas