O BNG salienta a debacle do PP en Ponteareas, que perdeu o 40% dos votantes de 2009

O BNG salienta a debacle do PP en Ponteareas, que perdeu o 40% dos votantes de 2009

ALBAFIDALGOO BNG de Ponteareas cualificou de histórico o resultado das eleccións europeas do pasado domingo en Ponteareas. “O desplome dos apoios do Partido Popular supón o peor resultado da súa historia, unha clara debacle do PP e un castigo ás políticas da dereita e contra corrupción. Un voto contra os gobernos do PP en Madrid e na Xunta pero tamén en Ponteareas, onde o PP perdeu o 40% dos votantes de 2009, nas anteriores eleccións europeas”, declarou Alba Fidalgo, responsábel local e candidata na lista do BNG ás europeas do pasado domingo.

Os nacionalistas valoran como “moi positivo” que “en Ponteareas as forzas polo cambio no Concello, nacionalistas e progresistas, lograron 1.600 votos máis que o PP, máis de 3.900 votos frente a 2.300, agrandando a diferenza das autonómicas de 2012 que xa era de 700 votos.  Isto demostra que non é certo que Ponteareas, como a veces se di, sexa un pobo conservador e de dereitas”. Alba Fidalgo advertiu que “se todos os que o domingo votaron en Ponteareas polo cambio voltan facelo dentro dun ano nas eleccións municipais, o PP perderá a Alcaldía”.

O BNG repetiu os resultados das europeas de 2009

O BNG valorou positivamente os seus resultados en Ponteareas. “O BNG resistiu a división do voto e repetiu os resultados das europeas de 2009, cando o BNG era a formación unitaria do nacionalismo galego”.

Os resultados supoñen para o BNG unha “grande motivación para as municipais de maio de 2015, temos un ano por diante para seguir liderando a oposición e alternativa ao PP en Ponteareas e aglutinar ese voto maioritario nacionalista e progresista que se expresou nas urnas o domingo”, indicou Alba Fidalgo.