O BNG de Ponteareas organiza o domingo unha festa para celebrar o cambio político

O BNG de Ponteareas organiza o domingo unha festa para celebrar o cambio político

bng ponteareas 24052015O BNG de Ponteareas organiza o domingo 14 de xuño, ao día seguinte do Pleno de elección de Alcalde, unha festa para celebrar o cambio político histórico das eleccións municipais.

A festa terá lugar na parroquia de Guláns, no Parque do Centro Cultural Avisoureira, a partir das 13:00 horas, con actuacións musicais e intervencións políticas para a continuación celebrar o xantar de confraternidade e continuar pola tarde con diversas actividades lúdicas e musicais.

Os nacionalistas organizan esta actividade festiva, aberta a todos os veciños e veciñas, ademáis dos afiliados e simpatizantes, convidando por tanto a participar nela a todos os que queiran pasar unha xornada de lecer. Só será necesario reservar para o xantar no teféfono 699 704 044 ou no correo ponteareas@bng.gal