Xosé Represas: “Sacamos o Concello da bancarrota e agora vén o mellor”

Xosé Represas: “Sacamos o Concello da bancarrota e agora vén o mellor”

Nun auditorio ateigado de veciños e veciñas, o Alcalde Xosé Represas pedíu o voto para a súa candidatura lembrando que “atopamos un concello en bancarrota, sacámolo da ruÍna e agora vén o mellor”. Represas asegurou que “temos as ideas e os proxectos para o futuro, temos as persoas capacitadas e preparadas para gobernar e agora, co concello recuperado, temos os cartos que precisamos para transformar Ponteareas e dar solución aos problemas da xente”.

O candidato Miguel Bouzó fixo un chamamento á mocidade a “aglutinar o seu voto na candidatura que pode vencer ao Partido Popular para que o cambio non se deteña”. Roberto Mera advertíu que “Ponteareas non se pode permitir que volten a gobernar os mesmos que arruinaron o concello e tanto dano fixeron a Ponteareas”. A candidata Cristina Fernández salientou que “a pesar da bancarrota fomos capaces de atender o prioritario e o máis necesario para a veciñanza”.

FOTO MITIN PONTEAREAS 7Pola súa banda, a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón pediu “aglutinar na candidatura de Represas todo o voto nacionalista e progresista para que Ponteareas siga avanzando”.

E a candidata nacionalista ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, defendeu que “votar ao BNG é darlle voz a Galiza en Europa para defender os nosos intereses e traballar por unha Europa mellor e máis xusta”.