Xosé Represas propón a Salvador González Solla debates públicos sobre a situación do Concello

Xosé Represas propón a Salvador González Solla debates públicos sobre a situación do Concello

O candidato do BNG pide que os debates sexan abertos ás preguntas da cidadanía

Represas_candidato_plO candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas nas eleccións de maio, Xosé Represas, empraza ao alcalde Salvador González Solla a realizar debates públicos sobre a situación do Concello e as prioridades da cidadanía. Os nacionalistas propoñen que estes debates, aos que tamén poderían sumarse os líderes doutras forzas políticas, se celebren no auditorio Reveriano Soutullo e abertos ás preguntas dos asistentes para garantir unha maior participación.

Os nacionalistas pretenden que se analice a situación do Concello; a tramitación do Plan Urbanístico, a xestión económica, a política de persoal, os servizos municipais ou a situación dos espazos públicos e das instalacións municipais. Así a cidadanía podería coñecer a posición de cada grupo político sobre estes temas, ter maior información sobre a situación real do Concello e contrastar as propostas de cada candidatura para o futuro goberno de Ponteareas.

Estou disposto a debater con Solla ou co candidato que o PP designe, sen condicións previas

Reprerepresas_reta_sollasas agarda que o alcalde, González Solla, asuma a proposta destes debates públicos para posteriormente concretar a súa celebración. Estes debates serían ben recibidos pola cidadanía de Ponteareas para coñecer as propostas dos aspirantes á alcaldía para os vindeiros catro anos. Os nacionalistas non poñen condicións previas, só que os debates estean moderados por periodistas. “Estou disposto a debater con Solla ou co candidato que o PP designe sen condicións previas” afirmou Represas.

“O BNG quere confrontar as propostas sobre as prioridades de Ponteareas, o que é importante para os veciños e veciñas e que un goberno municipal competente debe resolver. Medidas para promover a creación de emprego, a aprobación do Plan urbanístico, a xestión dos 13 millóns de euros que cada ano aportamos en impostos para o concello, os servizos sociais municipais, a programación de actividades, a situación das instalacións culturais e deportivas, o ensino, os parques e zonas verdes, ...” manifestou Represas.