Xosé Represas cumpre as súas promesas e axuda a recuperar a confianza dos cidadáns na Institución

Xosé Represas cumpre as súas promesas e axuda a recuperar a confianza dos cidadáns na Institución

3.HORTENSIA BAUTISTA FERNÁNDEZO BNG de Ponteareas, a través da súa vicerresponsábel local, Hortensia Bautista, destacou a decisión do Alcalde, Xosé Represas, de iniciar os trámites para renunciar ao soldo como alcalde e destinar esa partida á creación de emprego.

Bautista lembrou que “foi unha promesa en campaña que moitos non crían e tachaban de populista e que o Alcalde cumpríu no seu primeiro día de mandato”. Segundo o BNG “cumprir o que se promete axudará a rexenerar a política en Ponteareas e a gañar a confianza dos cidadáns nas súas institucións”.

O Alcalde, se quixese, podería percibir a súa prexubilación e tamén o salario, porque son compatibles

Hortensia Bautista tamén considerou un exemplo a seguir a decisión de Represas “O Alcalde, se quixese, podería percibir a súa prexubilación e tamén o salario de Alcalde, porque son compatibles, xa que está prexubilado pola súa empresa e non recibe ningunha prestación do sistema público. Sen embargo, Represas renunciou a incrementar os seus ingresos para poder subvencionar a creación de emprego durante catro anos en Ponteareas”. O BNG cifrou en 200.000 euros o coste da alcaldía en catro anos e a cantidade que se destinará a incentivar a xeración de emprego.