Xosé Represas: “A candidatura do BNG representa o mellor de Ponteareas”

Xosé Represas: “A candidatura do BNG representa o mellor de Ponteareas”

Ante varios centos de persoas que encheron o salón de actos do C.A.Sportivo, o BNG de Ponteareas presentou o pasado sábado a súa candidatura completa ás eleccións municipais. Ademais do alcalde e candidato á reelección, Xosé Represas, no acto interviñeron diferentes candidatos, entre eles os actuais edís Miguel Bouzó, Verónica Carrera e Cristina Fernández, así como o anterior portavoz nacionalista Roberto Mera.

B46B2589Represas afirmou que a candidatura do BNG é “unha representación do mellor que temos en Ponteareas; persoas preparadas, cualificadas, con experiencia política e profesional para poder avanzar aínda máis nos vindeiros catro anos”. O candidato do Bloque asegurou que “en catro anos sacamos ao concello da ruína e agora, que por fin temos recursos económicos, vén o mellor. Por iso precisamos outros catro anos, para demostrar o que somos capaces de facer para mellorar Ponteareas e as súas parroquias”.

Ademais, Represas lembrou que “nunhas eleccións municipais vótase especialmente ás persoas” e pediu aos veciños e veciñas que “comparen as diferentes candidaturas, porque chegarán á conclusión de que o equipo que ofrece o BNG é o mellor e a garantía doutro futuro mellor para Ponteareas”.