Visita da eurodeputada Ana Miranda á senda do río Tea en Mondariz

Visita da eurodeputada Ana Miranda á senda do río Tea en Mondariz

AMiranda_2A eurodeputada do BNG no actual mandato, Ana Miranda, visitou na tarde deste mércores a senda do río Tea en Mondariz, xunto cun nutrido grupo de persoas, entre elas concelleiras e concelleiros do BNG en Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas.

O BNG critica o diñeiro da UE “tirado” polo PP nunha senda que levou o Tea

Miranda criticou o destrago de fondos da Unión Europea, por parte dos gobernos do Partido Popular na Xunta e nos Concellos, ao executar a senda do Tea sen respectar as zonas inundables nin a orografía dos lugares polos que transcorre. "Centos de miles de euros foron polo río abaixo por non respectar o medio natural”, manifestou Ana Mirada, lembrando que o río Tea é un Lugar de Interese Comunitario que forma parte da rede Natura 2000. A eurodeputada do BNG engadiu que o Partido Popular intentou un lavado de cara coa senda do Tea: “Querían tapar a contaminación do Tea pola súa incapacidade para que todas as vivendas conten con saneamento, e agora parte do paseo está desfeito antes de inaugurarse e a metade da poboación de Ponteareas e Mondariz sigue sen contar con rede de saneamento”

Ana_MirandaAna Miranda anunciou que o BNG levará as obras da senda do Tea ao Parlamento Europeo para que se investigue a súa execución. Tamén aproveitou para criticar a aposta do Partido Popular pola instalación de varias minidepuradoras no Tea. "Está demostrada a súa ineficiencia cun elevadísimo custe de consumo de enerxía e de mantemento” e lembrou que a Deputación de Ourense está sendo investigada pola Unión Europea por este tipo de obras.

A deputada do BNG en Bruxelas, no actual mandato, aposta pola realización dun plan de saneamento integral de cada concello para recuperar a calidade das augas do Tea. Miranda citou os resultados negativos, dos análises da Comisión Europea, para o baño en varias praias de Mondariz e Ponteareas, “resultados que se repiten dende hai anos sen que o PP fose capaz de solucionar esta grave degradación do río Tea.”

Contaminase o Tea por carecer de saneamento ou contar con sistemas ineficientes mentres a depuradora de Mondariz Balneario está infrautilizada

Xose_EmilioA súa vez, o portavoz do BNG en Mondariz, Xosé Emilio Barros, responsabilizou ao Partido Popular da contaminación do Tea por ser incapaz de solucionar os graves problemas de saneamento do concello. “A metade das parroquias non conta con servizo de saneamento e as demais teñen sistemas caducos e ineficientes. Parroquias como Vilar, por onde transcorre a senda do Tea, carecen por completo de rede de saneamento, a pesares de estar situada frente a depuradora de Mondariz-Balneario que ten capacidade para depurar as augas residuais de máis de 7.000 veciños e só recolle as de 1.000 habitantes,” manifestou Barros, que tamén criticou o despilfarro de instalar novas minidepuradoras, cun elevadísimo custe de mantemento, en lugar de aproveitar a depuradora infrautilizada de Balneario.