Valoración do mandato do PP no Concello de Ponteareas: "un goberno inútil e sen rumbo"

Valoración do mandato do PP no Concello de Ponteareas: "un goberno inútil e sen rumbo"

Os axentes levan a documentación. Foto: G.P.

O BNG de Ponteareas fixo balance do mandato do PP. Os nacionalistas referíronse ao 2014 como un ano marcado pola corrupción, a “operación Patos”, a situación xudicial do alcalde, Salvador González Solla, e as viaxes pagadas por Aquagest a Solla e cinco máis. Os nacionalistas cualificaron de “goberno inútil” o goberno do PP e consideran que “o Concello estivo outros catro anos sen rumbo, non hai nada destacable que lembrar, ningún proxecto, ningunha iniciativa... Unicamente a maior subida de impostos da historia de Ponteareas e un desprezo absoluto polas máis de 3.000 persoas en paro do noso concello”.

Pagamos máis impostos e temos menos e peores servizos. O IBI -contribución- tivo incremento medio do 100% en catro anos, o imposto de vehículos subiu un 15%, o recibo da auga e saneamento un 17% e o imposto para obras e construcións un 80%.

O PP e Salvador G. Solla non resolveron ningunha das demandas prioritarias de Ponteareas

ponteareas_sen_rumbo_gaivotasXosé Represas, portavoz e candidato do BNG á alcaldía de Ponteareas considera que, neste tempo, a incapacidade do PP para xestionar o Concello púxose de manifesto en múltiples ocasións; nin un só orzamento en catro anos, provocaron que Facenda embargue máis do 50% dos ingresos do Estado, seguen retrasando o Plan Urbanístico, incapaces de xestionar un só obradoiro de emprego en 4 anos, de lograr a construción da nova escola infantil, o traspaso á Xunta da Residencia de Maiores, de recuperar o Tea, nin a circunvalación... “O PP e Solla non resolveron ningunha das demandas prioritarias de Ponteareas, non aportaron nada positivo, todo o contrario”, afirmou o candidato nacionalista.

É necesario facer limpeza no concello e acabar coa corrupción e a incapacidade

Represas_candidato_plO portavoz do BNG destacou que “frente a este goberno insolvente e incompetente, un goberno de autopropaganda sen ningún resultado concreto, só preocupado por ocupar o poder e manter o tinglado de enchufismo e despilfarro, o BNG realizou unha oposición responsábel, construtiva e con propostas”. Represas concluíu que “é necesario facer limpeza no concello e acabar coa corrupción e a incapacidade para iniciar un novo ciclo político para o futuro de Ponteareas. Un cambio que o BNG coas súas ideas e proxectos serios e responsábeis e unha equipa de persoas preparadas e capacitadas está en disposición de liderar a partir do vindeiro mes de maio”, manifestou Represas.