É unha "tomadura de pelo" que Solla anuncie axudas aos clubs despois de deixalos sen 120.000 euros

É unha "tomadura de pelo" que Solla anuncie axudas aos clubs despois de deixalos sen 120.000 euros

bngponteareasO BNG de Ponteareas saíu ao paso das declaracións do alcalde, Salvador González Solla, de estar elaborando un plan de axudas para os clubs deportivos. Os nacionalistas cualifican de “tomadora de pelo” este anuncio despois de deixalos sen 120.000 euros da partida de subvencións de 2012, 2013 e 2014, tal e como figura nos orzamentos.

É unha promesa propia da precampaña electoral do PP

“Despois de 3 anos de incumprir os orzamentos e desviar os cartos destinados aos clubs deportivos para outros gastos correntes, esta é unha promesa propia da precampaña do PP para as eleccións de maio”, afirmaron os nacionalistas, que tamén denuncian o agravio comparativo que se produce cos clubs deportivos que asumen o pago de todos os seus gastos como a electricidade, o mantemento das instalacións, etc., frente as instalacións municipais como Pardellas que corren de conta do concello.

O abandono de Pardellas non se tapa con propaganda

Dende o BNG engaden que a degradación e abandono de Pardellas non se tapa con propaganda nin coas promesas de Solla e Louzán. “O Alcalde e o concelleiro de deportes, Alberto Novoa, terán que asumir a súa responsabilidade política pola falta de mantemento do campo de herba artificial durante anos”, manifestaron os nacionalistas. Dende o BNG engaden que como consecuencia diso, Solla e Louzán xa anuncian que será necesario volver a gastar nel, só sete anos despois da súa inauguración, privando deste diñeiro a outras instalacións que levan anos agardando por melloras como vestiarios, campos de entrenamento, etc.

O BNG levará ao Pleno de xaneiro a concesión das axudas con criterios obxectivos e a modificación do orzamento para recuperar ás subvencións de 2014 retiradas polo PPRepresas_candidato_2

O portavoz do BNG e candidato á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, adiantou a proposta dos nacionalistas para aprobar no Pleno de xaneiro a modificación do orzamento prorrogado para recuperar os 40.000 euros das subvencións de 2014 retiradas polo goberno do PP no concello de Ponteareas. Os nacionalistas tamén propoñen aprobar uns criterios obxectivos para a concesión das axudas, tendo en conta os gastos de mantemento e xestión que asume cada club deportivo.