O Sportivo quedouse pequeno para acoller a presentación da candidatura do BNG en Ponteareas

O salón de actos do Centro Artístico Sportivo quedouse pequeno, na noite do pasado venres, para acoller aos 300 veciños e veciñas que acudiron á presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Ponteareas.
No acto, que foi presentado por Isabel Blanco, interviron Roberto Mera, o responsábel local de Galiza Nova, Miguel Bouzó, a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán e o candidato á Alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas.
Comezou o acto coa proxección dun vídeo dos 20 anos do BNG no Concello e rendeuse homenaxe á candidatura de 1995, lista coa que o BNG entrou por primeira vez no Concello de Ponteareas con tres concelleiros.
Represas chama a concentrar apoios no BNG
O candidato á Alcaldía polo BNG-Asembleas Abertas, Xosé Represas fixo un chamamento a concentrar os apoios polo cambio no BNG, única forza segura e fiabilidade para retirar ao PP do goberno local e abrir unha nova etapa con futuro para Ponteareas o 24 de maio.
Pola súa parte, Roberto Mera, na súa intervención recordou a negativa dos concelleiros do PSOE a apoiar a Represas na sesión de investidura de 2011, permitindo a continuidade do PP e Solla na Alcaldía. Tamén se referiu ao fracaso da moción de censura polos intereses persoais e de partido de ACIP e PSOE.
Entre os aplausos dos asistentes, presentouse un por un aos 31 candidatos e candidatas, 21 candidatos e 10 suplentes, o máximo permitido pola lei.
- Xosé Represas Giráldez
Natural de Xinzo e veciño de Ponteareas. Diplomado en empresariais, prexubilado de banca, foi directivo da Comunidade de montes de Xinzo e do seu Centro Cultural e Presidente da Asociación Forestal de Galicia. Portavoz municipal do BNG dende 2009 e candidato á Alcaldía.
- Cristina Fernández Davila
Vive en Ponteareas desde 1992, na actualidade en Prado. É Técnico Especialista en Informática de Xestión. Dende 1993 é funcionaria do IES Val do Tea. Ten asumido diversas responsabilidades nas asociacións de nais e pais de alumnos e é membro da FANPO. Concelleira do BNG dende 2012.
- Hortensia Bautista Fernández
Natural de Areas e residente na vila. Mestra no ensino público, é membro do Consello Escolar Municipal en representación da CIG ensino. Ten asumido diferentes responsabilidades en diversas asociacións culturais e sociais. Concelleira do BNG dende 2011.
- Francisco F. Alonso Pedreira
Veciño de Angoares, Licenciado en Dereito, Postgrao Auditoría Financeira, master en sistema fiscal e financeiro, traballa nunha entidade financeira, Adestrador de Voleibol, é directivo da Comunidade de Montes de Angoares.
- Verónica Carrera Blanco
Natural da parroquia de Pías. Técnico Superior en Integración Social. Realizou na Universidade da Coruña os estudios de Diplomada en Educación Social. Participa nas asociacións da súa parroquia. Concelleira do BNG dende 2011
- Miguel Bouzó Rodríguez
Natural de Ponteareas. Responsábel de Galiza Nova en Ponteareas e membro da Dirección Nacional. Compaxina os seus estudos de Grao Superior de Administración e Finanzas coa actividade de monitor de fútbol base.
- Santiago Domínguez Represas
Natural de Xinzo, Técnico de eficiencia enerxética, actividade na que traballa como autónomo, foi presidente da Asociación Xuvenil de Xinzo, forma parte da Banda Xuvenil de Xinzo e é Responsábel Comarcal de Galiza Nova.
- Dolores Covelo Lage
Natural de Ribadetea. Conta con formación de xestión administrativa, é artilleira titulada, vixiante de seguridade e de explosivos, tendo asumido responsabilidades laborais nestas áreas en diversas empresas.
- Celso Rodríguez Francisco
Natural de Bugarín. Técnico en elaboración de viños e outras bebidas. É titular dunha explotación vitivinícola. Autónomo no sector do transporte de mercadorías.
- Alba Fidalgo Bugarín
Natural de Mos e veciña de Ponteareas dende hai máis de 10 anos. Responsable local do BNG, traballa nunha empresa auxiliar do automóbil, e está vinculada á labor do sindicato nacionalista CIG.
- Roberto Mera Covas
Natural de Arcos. Licenciado en Dereito e Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. É avogado. Foi concelleiro e Portavoz do BNG de 1995 a 2009. Tenente Alcalde no goberno do BNG 2003-2004. Foi membro da Executiva Nacional do BNG de 2005 a 2009.
- Berta Chivite Mosquera
Natural de Ponteareas. É diplomada en Traballo Social. Funcionaria da Seguridade Social. Foi concelleira do BNG desde 2003 ata 2011. No goberno municipal do BNG (2003-2004) asumiu a responsabilidade da concellaría de Persoal.
- Nemesio Boente Tienda
Natural de Areas. É Diplomado en Enfermería e traballa como enfermeiro no Centro de Saúde de Ponteareas. Foi concelleiro do BNG de 2005 a 2011 e ocupou e ocupa na actualidade responsabilidades directivas nos movementos veciñais da parroquia de Areas.
- Teresa Rodríguez Méndez
Natural e veciña de Canedo. Xubilada. Foi Vicepresidenta da Asociación de Comerciantes de Ponteareas e é membro da directiva da asociación de emigrantes retornados
- Diego Prego Boente
Natural e veciño de Guláns. Traballador da empresa municipal de auga en Vigo e membro do Comité de Empresa en representación da CIG. Directivo da Comunidade de Montes, Sociedade de Caza e Asociación de Veciños en Guláns
- Cristina Eiró Rodríguez
Natural de Guillade. Mestra no ensino público, Diplomada na especialidade de inglés, é membro da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Guillade.
- Benigno Pérez Amil
Natural de San Lourenzo de Oliveira e reside na vila. Técnico e Responsable de maquinaria agrícola e forestal nunha empresa comercial deste sector en Ponteareas.
- Fernando Pereira Gil
Natural de Moreira e residente na vila, carpinteiro, traballa como montador de mobles, participa en colectivos culturais.
- Lucía Amoedo Cuevas
Natural de Paredes, estudante de Técnico Administrativo, membro de Galiza Nova.
- Hugo Domínguez Groba
Natural de Canedo. Estudos de Xestión e Dirección de empresas, activo no movemento nacionalista estudantil, Comités universitarios e Galiza Nova.
- Bolívar González Rodríguez
Natural de Cristiñade. Técnico en taxacións e valoracións. Foi director da Banda Xuvenil de Xinzo e participa activamente na vida cultural de Ponteareas. Concelleiro do BNG desde 1995, Portavoz de 2007 a 2009. Ocupouse en 2003 e 2004 das áreas de vías, obras, urbanismo e infraestructuras no goberno do BNG.
Suplentes
22. J. Castor Cuntín González
Veciño de Ponteareas e natural de As Neves. É Técnico en Informática. Traballa na función pública en Ponteareas. Foi directivo da asociación de nais e pais do IES Pedra da Auga. Ten participado activamente na vida cultural de Ponteareas.
23. Maria Dolores Reguera Pazo
Natural de Padróns. É empregada no sector da hostelaría, ten participado nas directiva das Asociacións da súa parroquia.
24. Hadrián Bautista Pazo
Natural de Prado. Técnico Superior de Automatización e robótica, Ciclo Superior de Automoción. Membro de Galiza Nova
25. Maria Carme Cancelo Piñeiro
Veciña do barrio da Ponte, traballou de Auxiliar de clínica, actualmente no desemprego.
26. Angel Félix Quijano Medín
Natural de Ferrol, veciño de Ponteareas dende hai máis de 15 anos. Mestre no ensino público.
27. Eladio Iglesias Puentes
Veciño de Arcos. Capataz agrícola, está prexubilado do sector da construcción. É Presidente da Comunidade de Montes de Arcos. Foi directivo da S. D. XUVENIL.
28. Dolores Fernández Pérez.
Veciña de Santiago de Oliveira. Xubilada. É directiva da Asociación Cultural Os Muiños de Oliveira.
29. Félix González Lorenzo
Natural e veciño de Pías. Presidente da Comunidade de Montes de Pías.
30. Justina Ledo Couñago
Natural da parroquia de Paredes. Traballadora no sector da hostelaría e participa activamente nas iniciativas sociais da súa parroquia.
31. Xosé Alberte Álvarez Rodríguez
Natural de San Mateo de Oliveira, Licenciando en Belas Artes, Profesor de Ensino Medio e Bacharelato.