Represas reúne á candidatura e o Consello Local do BNG para valorar os resultados do 24 de maio

Represas reúne á candidatura e o Consello Local do BNG para valorar os resultados do 24 de maio

Primeiro tramo candidatura BNGO candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas Xosé Represas reuníu este luns ao Consello Local e aos membros da candidatura ás eleccións municipais do pasado domingo 24 de maio para valorar os resultados e fixar a folla de ruta do traballo a desenvolver ata o 13 de xuño, data do Pleno da elección de Alcalde.

Na reunión abordáronse os pasos a dar por parte do Bloque Nacionalista Galego para tentar conformar un goberno alternativo ao Partido Popular e o inicio do diálogo co resto das forzas políticas (PSOE, Esquerda Unida e A Riada do Tea). Os nacionalistas amósanse convencidos de que as catro forzas, atendendo o mandato dato polos ponteareáns nas urnas, serán capaces de acadar un acordo que dote a Ponteareas dun goberno sólido e estable para os vindeiros catro anos.