Represas renunciará ao soldo de alcalde para destinalo a subvencionar empregos

Represas renunciará ao soldo de alcalde para destinalo a subvencionar empregos

Represas, no acto central do BNGO candidato á alcaldía de Ponteareas polo BNG, Xosé Represas, anunciou que renunciará ao soldo de alcalde e o destinará a subvencionar a creación de emprego e postos de traballo por pequenas empresas e comerciantes. Represas lembrou que “Solla custounos nestes catro anos 230.000 euros. Pois ben, comigo como Alcalde esa importante cantidade de diñeiro chegará ao tecido económico do Concello, a través de subvencións que se concederán pola creación de emprego estable en Ponteareas”. Represas recalcou que “crear emprego para os ponteareáns será a miña principal adicación como Alcalde”.

Eu non busco na alcaldía o meu medio de vidaIMG_0335

Represas lembrou que “eu non busco na alcaldía o meu medio de vida nin o meu lucro a diferenza de Solla e outros concelleiros do PP que converteron a política no seu sustento e profesión”.

O candidato nacionalista engadiu que “eu como Alcalde darei todas as facilidades ás empresas e emprendedores que queiran instalarse en Ponteareas. Aprobaremos incentivos fiscais, con redución de impostos e taxas para aqueles que estean dispostos a crear emprego en Ponteareas. E por suposto, xestionarei a instalación de iniciativas empresariais e comerciais no noso Concello”.

Represas criticou duramente a González Solla acusándoo de “preocuparse só por un emprego e un soldo, o seu, mirando para outro lado cando se pechaban empresas como Avigán, Granitos de Galicia ou Gramol, entre outras moitas. Non moveu nin un dedo para salvar as empresas e os postos de traballo”. Con respecto ao comercio, Represas acusou a Solla de “desentenderse da crise do sector comercial ponteareán e de tomar medidas contra os comerciantes iniciando unha guerra contra a súa asociación”.

O PP foi incapaz de atraer para Ponteareas algunha iniciativa industrial ou comercial

Represas aplausoAdemais, criticou que o Partido Popular “deu carpetazo ao parque empresarial, non resolveu os problemas da zona industrial da Lomba e foi incapaz de atraer para Ponteareas algunha iniciativa industrial ou comercial relevante”.

Represas anunciou ademais a creación dun consello económico formado por empresas, autónomos e comerciantes, a través dos seus colectivos, representantes sindicais e persoas de recoñecido prestixio no ámbito económico e empresarial para actuar conxuntamente fronte á crise económica e elaborar propostas e iniciativas a poñer en marcha desde o Concello para crear emprego e actividade económica.

candidatura banner web