Represas pide o voto á comunidade educativa para que o cambio non se deteña e seguir con máis forza

Represas pide o voto á comunidade educativa para que o cambio non se deteña e seguir con máis forza

O Alcalde de Ponteareas e candidato do BNG Xosé Represas reuníuse coa comunidade educativa ponteareá. Represas destacou que “nestes catro anos fixéronse políticas educativas nunca antes vistas en Ponteareas. Demos centos de axudas para material escolar, melloramos as escolas, sobre todo do rural, e creamos servizos para conciliar a vida laboral e familiar”.

A concelleira de ensino e candidata, Cristina Fernández Davila, puxo entre outros exemplos o comedor do Colexio Bouza Brey, os campamentos infantís na vila e nas parroquias ou a aula matinal que atende en todas as escolas aos nenos e nenas desde as 7:30 da mañá. Salientan que “Ponteareas é hoxe un exemplo de políticas de educación con actividades como a Semana das Ciencias que deron prestixio a Ponteareas no resto do país”.