O PP tivo o Concello de Ponteareas paralizado e agora só fai propaganda e maquillaxe electoral

O PP tivo o Concello de Ponteareas paralizado e agora só fai propaganda e maquillaxe electoral

grupo

O BNG cualificou de “propaganda e maquillaxe electoral” os sucesivos anuncios do goberno de Salvador G. Solla nas últimas semanas, de proxectos e visitas a obras, da situación económica do Concello ou do Plan Urbanístico. “Solla, que tivo o Concello paralizado e sen rumbo intenta aparentar agora que é capaz de facer en 30 días o que non fixo en décadas de goberno do PP”, manifestaron os nacionalistas.

Solla intenta aparentar que pode facer en 30 días o que non fixo en 12 anos

Dende o Bloque afirmaron que en todos estes anos, “o PP e Solla non tomaron ningunha iniciativa para resolver o que é prioritario para a cidadanía de Ponteareas, ningunha actuación para favorecer a creación de emprego, seguimos sen Plan urbanístico despois de máis de 12 anos e de gastar máis de 750.000 euros, sen circunvalación, sen unha nova escola infantil, sen orzamento dende 2010... e así con todo.”

Para o BNG, o PP, na situación de crise e asfixia económica á que levou o Concello, en lugar de tomar decisións e solucionar os problemas, optou por facer o menos posíbel e ocupar o poder, agardando que o paso do tempo lle resolva os problemas. “Diante disto, a única solución para o futuro de Ponteareas é un cambio de alcalde e de goberno, un cambio de rumbo no Concello para facer limpeza e acabar coa corrupción”, afirmaron os nacionalistas.

 

Solla fai o ridículo co Plan Urbanístico e a situación económica do Concello

09Para o BNG resulta “patético” o comportamento de Salvador G. Solla, con relación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). “Como sabe que é incapaz de aprobar o Plan antes do 24 de maio, adícase a realizar anuncios sobre a situación económica do Concello e o Plan Xeral para intenta aparentar que fai algo. Solla pensa ridiculamente que pode ocultar nun mes os 12 anos para sacar adiante o Plan Xeral ou a súa incapacidade para presentar o orzamento anual do Concello dende 2010”

 

Represas convida a Solla a un debate público sobre o PXOM e a situación económica do Concello

represas_reta_sollaXosé Represas, portavoz e candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas nas eleccións de maio, convida ao alcalde Salvador González Solla a realizar un debate público, no auditorio Reveriano Soutullo, sobre a situación económica do Concello e o Plan urbanístico. Os nacionalistas emprazan a Solla a que poña día e hora para este debate e anuncian que non caso de que non acepte o debate, obrigarán a Solla a comparecer no Pleno do 21 de abril para botar por terra a súa campaña de propaganda e maquillaxe electoral.