O PP ten que explicar por que os parados non teñen opcións de sacar ás 41 prazas fixas no Concello

O PP ten que explicar por que os parados non teñen opcións de sacar ás 41 prazas fixas no Concello

casa_concelloAo fío das declaracións do alcalde, Salvador G. Solla, sobre o proceso de consolidación de 41 prazas laborais fixas no Concello, a concelleira do BNG, Hortensia Bautista manifestou que “o PP, Solla e Villar, o que teñen que facer é explicarlle aos 3.000 ponteareáns en paro, porqué non teñen posibilidades de aprobar ningunha destas prazas”

Hortensia Bautista afirmou que estas decisións do PP son un desprezo e unha burla para os miles de veciños e veciñas que están nas listas do paro e non teñen ningunha posibilidade de aprobar ningunha das prazas que o goberno municipal de Solla convoca, entre as que se atopan: 2 peóns, 3 Oficiais de oficios varios, 2  conserxes-vixiantes, 3 condutores, 7 auxiliares de puericultura, 2 auxiliares de biblioteca e museo, 2 pedagogos, 7 auxiliares administrativos, 3 administrativos, o responsable do departamento de cultura, o notificador, 1 psicólogo ou ata o propio responsable do departamento de persoal e outras 6 prazas máis.

Solla defende aos amigos e membros do PP, o BNG defende a toda a cidadanía, con transparencia

Foto0452“Solla, igual que Castro, defende aos amigos e membros do PP aos que Castro colocou directamente no Concello. Fronte aos intereses particulares que defende Solla, o BNG defende os intereses de todos os cidadáns aos que se lles negou a posibilidade de acceder a un posto no concello”, declarou Hortensia Bautista, que recordou o obxectivo irrenunciábel do BNG para que os postos de traballo municipais se convoquen publicamente, con transparencia e asegurando que se podan presentar todos os veciños e veciñas que o desexen.