O PP de Ponteareas fai campaña a costa dos impostos de todos

O PP de Ponteareas fai campaña a costa dos impostos de todos

Xose_RepresasO BNG acusou ao Partido Popular, no Pleno extraordinario celebrado este venres no que o goberno local presentou 13 proxectos de obras, de facer a súa campaña a costa dos impostos que pagan todos os ponteareáns e utilizar, con fins puramente electoralistas, as necesidades básicas da cidadanía como saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de centros culturais, melloras en instalacións deportivas ou alumeado público.

“Son necesidades e demandas veciñais das que o goberno de González Solla só se lembra agora, a menos de dous meses das eleccións”, manifestou Xosé Represas, candidato do BNG á alcaldía de Ponteareas, que considerou este proceder do PP como “unha falta de respecto e un insulto á intelixencia dos veciños e veciñas de Ponteareas”

Solla, que ten o Concello paralizado, intenta aparentar que fai algo e celebra un “Pleno electoral”

Os nacionalistas cualificaron de “Pleno electoral” este intento de Solla por aparentar que fai algo despois de levar catro anos co Concello paralizado, con moitos plenos nos que o goberno non presentou ningunha proposta, paralización e abandono de responsabilidades que se reflexa na incapacidade para presentar os orzamentos dende 2010, “unha situación inaudita pois Ponteareas é único concello da súa categoría nesta situación” lembroulle Represas a Solla e a concelleira de facenda, Belén Villar.

O PP discrimina aos veciños de Canedo ao "parchear" a ponte cunha pasarela metálica mentres ao lado constrúe unha nova ponte para un supermercado

IMG_9428O BNG, tachou de improvisación e maquillaxe electoral o proxecto dunha pasarela peonil metálica adosada á ponte de acceso a Canedo. Os nacionalistas, que apostan por ampliar a ponte en lugar dunha improvisación de última hora, solicitaron a retirada deste punto da orde do día para realizar un novo proxecto acorde coas necesidades deste vial.

Os nacionalistas criticaron ao PP pola discriminación que realizan cos veciños de San Vicente e Canedo, “mentres a poucos metros premian ó supermercado dunha multinacional cunha flamante nova ponte, despois de darlle no seu día licenza ignorando o entubado do Regato da Venda só se lembran dos veciños á hora de ir a votar, parcheando a ponte”